A D.O. Ribeiro recibe a visita de 11 profesionais da enoloxía referentes en España

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro deulle a coñecer a varios xornalistas e directores de compra a súa zona e os seus viños nunha xornada que combinou a visita a catro bodegas con formación e historia

Publicidade
A D.O. Ribeiro recibe a visita de 11 profesionais da enoloxía referentes en España

Cata e visita organizada polo C.R.D.O. Ribeiro./ Fonte: C.R.D.O. Ribeiro

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro organizou esta semana a visita dunha delegación de profesionais a nivel nacional relacionados coa enoloxía para facerlle un percorrido pola zona do Ribeiro, amosarlles algúns dos seus viños, e darlles unha formación específica. O obxectivo desta visita é apostar pola promoción, o desenvolvemento de negocio das bodegas locais, e dos seus viños.

O programa incluíu a visita a catro adegas, con cata dos seus viños máis representativos nas súas instalacións, tras visitar os seus viñedos e coñecer máis de preto as variedades de uva autóctonas. Priorado de Razamonde, Leive Ecoadega, Canción de Elisa e Ramón do Casar foron as visitadas, de tal xeito que “os invitados coñeceron de primeira man proxectos pequenos, grandes e medianos de diferentes vales da Denominación de Orixe, probando a Treixadura en viños monovarietais, combinada con outras variedades autóctonas, así como nalgunhas elaboracións moi especiais”, comenta o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares.

Así mesmo, tamén levaron a cabo unha xornada de formación, que contou coa presentación da D.O. Ribeiro da man de Casares Gándara denominada “O Ribeiro, unha mirada desde o territorio”, seguida do relatorio “Treixadura, clave da viticultura do Ribeiro”, impartida por Emilia Diaz, investigadora da EVEGA e unha cata de 12 viños guiada polo catador, docente e catador Luís Paadín, que levaba por título “A raíña Treixadura nos vales do Ribeiro”.

En total, participaron nela un total de 11 profesionais, entre os que se atopaban xornalistas dos medios de comunicación Vivir El Vino, La Razón, Punto Radio, El Confidencial, Restauradores, Citizen, 7 Caníbales, PlanetaVino, El Español, Sector Ejecutivo e os directores de compra de Bodeboca e Vinoselección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información