Medio Rural abonará esta semana 14,5 millóns de euros da PAC

A Consellería ten pendentes de pago o 42% das axudas da Política Agraria Común

Medio Rural abonará esta semana 14,5 millóns de euros da PAC

A Xunta pagará esta semana axudas por vacas nutrices, cebo e para granxas de leite.

A gandeiría galega recibirá esta semana unha inxección de liquidez co pago de 14,5 millóns de euros da PAC. Medio Rural ten previsto abonar estes días 10 millóns de euros dirixidos ás explotacións lácteas, 3,5 millóns para as granxas con vacas nutrices e 250.000 euros para as explotacións de cebo.

Do total das axudas da Política Agraria Común (PAC) que lle corresponden a Galicia, 173 millóns de euros, a Xunta ten pagados a día de hoxe 98 millóns de euros e ten pendientes de abono 75 millóns de euros, un 42% do total.

A directora xeral de Gandeiría, Belén do Campo, xustifica ese retraso nos controis que houbo que facer sobre o terreo antes do pago das subvencións, segundo informou o pasado venres na comisión de Agricultura do Parlamento a preguntas do grupo socialista. Medio Rural agarda que a finais de abril estea pagada unha porcentaxe das axudas superior a outros anos.

O deputado socialista Pablo García, pola súa banda, incidiu en que a día de hoxe as axudas estanse a pagar máis tarde que outros anos, unha situación que preocupa polas necesidades de liquidez das explotacións gandeiras, afectadas pola crise. García recriminoulle ó grupo popular que anunciase no seu día que o pago das axudas da PAC se ía axilizar, cando finalmente non puido ser así.

Axudas ó sector cunícola
Doutro lado, Medio Rural anunciou que estaba a estudiar a apertura dunha liña de axudas de minimis para as granxas de coellos, que arrastran unha importante caída dos prezos nos últimos meses. A directora xeral, Belén do Campo, indicou que esa liña se podería abrir no 2016 ou no 2017.

A este respecto, Pablo García advertiu de que outras comunidades autónomas xa lle concederon este ano axudas de ata 15.000 euros ás granxas de coellos, polo que pediu un compromiso similar da Xunta para este ano, sen agardar ó próximo exercicio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información