O Fondo Galego de Garantía Agraria vén de publicar a resolución sobre a asignación de dereitos de pago básico da Reserva Nacional da campaña 2022. Na mesma resolución, tamén se notifican unha serie de denegacións pendentes da campaña 2020.
En total, o listado de asignacións de dereitos da campaña 2022 inclúe a 71 produtores galegos. Pódese consultar neste Pdf a relación completa de beneficiarios, así como os importes recibidos.