‘Master class’ da DO Monterrei en Vigo

Publicidade
‘Master class’ da DO Monterrei en Vigo

A C.R.D.O. Monterrei levou adiante en Vigo unha Masterclass destinada a directores de compras, catadoras, propietarios de establecementos de restauración e prensa especializada. Esta actividade dividiuse nunha sesión formativa sobre a denominación (características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de produto, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas realizadas no restaurante “Maruja Limón” de Rafa Centeno.

Á iniciativa asistiron Pedro Gabana (responsable de compras de alimentación da zona sur Galicia en Carrefour), Francisco Couso (coordinador de centros comerciais de Galicia en Carrefour), Víctor Jaúregui (xerente do Círculo de Empresarios de Galicia), Jesús Picallo (vicepresidente da Agrupación industrial de Turismo de Galicia), José Magaz (Asador Soriano), Teo Andrés (subdirector de Atlántico Diario), Eloy Magariños (Cadea Ser), Jose Avelaira (Vinoteca Avelaira), Carmen Fernández (redactora xefe de Vinetur), Pepe Cadavedo (programa gastronómico en TeleVigo), Juliana Picarelli (catador do restaurante Maruja Limón), Raquel Sánchez (redactora de Cultura Rural), María Varela (Diario de Pontevedra), Roberto Ledo (director de Diario Luso Galaico), Xaime Rodríguez (director da Escola Hostalería Fariña Branca), César S. Ballesteros (presidente de Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería da provincia de Pontevedra), Luis Domenech (director de Boa Pitanza), Maruxa Alfonso (redactora xefe de Somos Agro de La Voz de Galicia) ou Carlos González (Restaurante Albatros), entre outros.

As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Pazo dás Tapias, Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio da Silva Pereira (Viños Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Xusto (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Ao-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

“Accións promocionais como estas permítennos ter un trato exclusivo e directo cos participantes, xa non só se lles explica pormenorizadamente o territorio e as súas singularidades, senón que descobren o potencial dos nosos viños a través dunha harmonía gastronómica cos mesmos”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.

Sobre a D.O. Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información