Este domingo, 27 de agosto, comeza a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei.
A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2023, será Francisco Pérez Diéguez, situada na localidade de Mandín (Verín).
A de Monterrei é unha do cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 691 hectáreas de territorio nas que traballan 362 viticultores.