A multinacional francesa Danone e a galega Leite Río, propiedade do empresario lucense Jesús Lence, alcanzaron un acordo de subministración e intercambio de millóns de litros de leite a baixo prezo.
En concreto, segundo publica hoxe o xornal Economia Digital, Leite Río venderalle á multinacional francesa leite cru cun prezo referenciado ao prezo medio do leite en Galicia do mes anterior que establece o FEGA, o que presionará á baixa os prezos ao gandeiro para que a industria láctea poda manter a súa marxe de beneficio.
O acordo arrincou o pasado mes de xullo cun prezo de 0,28 euros o litro, á marxe de penalizacións e primas, en agosto baixou a 0,27- nas entregas de Río a Danone, seis céntimos por baixo do custo de produción para o gandeiro, fixados polo propio Ministerio de Agricultura en 0,34 céntimos. Isto presionará á baixa os prezos ao gandeiro para que Leite Río poida manter unha marxe de beneficio.
En concreto, segundo publica hoxe Economía Dixital, no contrato, que se asinou o pasado 1 de xullo en Barcelona, ambas as empresas poñen como referencia “o último prezo de Galicia publicado polo Fondo Español de Garantía Agraria (*FEGA) antes do 10 do mes de entrega válido e para todo o mes seguinte”. “Por exemplo”, di textualmente o contrato, “o 7 de xullo publicouse o prezo FEGA de maio a 284 euros. Este prezo sería o prezo basee das entregas de leite de todo o mes de xullo”.
16,3 millóns de litros ata o 31 de xaneiro de 2016
O contrato ten unha vixencia de sete meses, ata o 31 de xaneiro de 2016. O volume das compravendas tamén queda explicitado entre as partes, e ascende, nos sete meses de duración, a 16,3 millóns de litros, cunha previsión de entregas cada mes.
Segundo explica Economía Digital o acordo é mercantil e non está regulado polo real decreto que establece o denominado “paquete lácteo”, que soamente é obrigatorio e regula a relación co produtor.
É moi lamentable ver como un ‘empresario’ que se fixo rico grazas ao traballo dos gandeiros da provincia en troques de revitalizar o sector use a súa posición como se dun dictador se tratase. Marcan o prezo do leito en termos que nada teñen que ver coa realidade do sector productor, só miran e lles importan os datos económicos das suas empresas, o gandeiro é só un peón prescincible, se non produce o suficiente ou non me interesa o seu leite… pois traese leite de fora e punto.
E claro a todo isto a Xunta bailandolle a mona a este individuo.
Vergoña que sexa Galego, vergoña que sexa de Lugo.
Que marche para Francia se tanto lle gusta.
Como pode a clase politica, a xustiza ou quen lle sexa da sua competencia permitir srmellante chantaxe deste home( si e que se lle pide chamar home)
Aqui o unico que se pediu foi un prezo que garante que os gsndeiros poidan seguir co seu traballo e non teñan que pechar as suas explotacions.
Pois ben, parece que iste empresario fai as leyes e os decretos a sua conveniencia, e isto porque e quen e
Isto e nin mais nin menos que unha dictadura
A que esperan los ganaderos a hacer de una vez por todas una gran cooperativa y dejar con el culo al aire a todas esas empresas que sacan pecho cuando anuncian en sus envases “leche 100% gallega”? a ver si esas empresas mantienen sus ventas cuando toda la leche gallega se comercialice única y exclusivamente con su marca. Están unidas por la huelga, que se unan también como una gran empresa. Los gallegos, creo que consumiriamos solo sus productos. Ánimo a hacer algo grande en este sentido!!