Lalín acolle os XVII Encontros Gandeiros de Xundeva o 3 de novembro

Publicidade
Lalín acolle os XVII Encontros Gandeiros de Xundeva o 3 de novembro
Data inicio: 03/11/2022
Data fin: 03/11/2022
Lugar: Pazo De Liñares, Rúa Prado, Liñares, España

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra o xoves 3 de novembro os seus XVII Encontros Gandeiros. Este ano e por primeira vez a cita será no Pazo de Liñares, un dos edificios singulares da vila de Lalín (Pontevedra).

Na xornada tratarán temas de relevancia para as ganderías como o tratamento das diarreas nos becerros neonatos, así como técnicas de manexo das tenreiras ou estratexias para abordar a incidencia de mamite nas granxas.

A continuación, detallamos o programa da xornada:

-11.00 horas. Recepción e café de benvida.

-11.30 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín.

-12.00 horas. Diarreas en animais neonatos. ¿Que facemos mal? Puntos críticos que debemos mellorar. Manuel Cerviño López, asesor técnico veterinario de Boehringer Ingelheim.

-12.45 horas. Mastite: ¿é rendible vacinar? Casos prácticos. Antonio Souto Ferraz, servizos técnicos de ruminantes, unidade de mastite. Hipra. Pilar Aira López, veterinaria responsable do programa de calidade de leite da ADSG Xundeva.

-13.30 horas. ¿Cebras ou cabalos?: Visión práctica do manexo das tenreiras. Carlos Carbonell Baeza, técnico veterinario de vacún de leite de MSD. Animal Health. Bárbara Fernández García, veterinaria responsable do programa sanitario da ADSG Xundeva.

-14.15 horas. Clausura. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín. Manuel González Martínez, deputado provincial da Finca Mouriscade, Caan e estación fitopatolóxica de Areeiro.

14.45 horas. Xantar de traballo.

-Consulta aquí o tríptico da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información