Lactogal e Capsa disparan a súa recollida de leite en Galicia

Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA), propiedade de Central Lechera Asturiana e da galega Larsa, así como a cooperativa portuguesa LACTOGAL, propietaria de Leche Celta, foron as industrias lácteas que máis incrementaron a súa recollida de leite en Galicia no 2018.

Así se reflicte nun informe da asociación galega Terra e Leite, presentado este mércores no marco da xornada “A sucesión nas explotacións lácteas: análise e propostas para o relevo xeneracional”, que se celebrou na Fundación Juana de Vega.

O liderado segue encabezado pola multinacional francesa Lactalis, que recolleu en Galicia 574.200 toneladas, unhas 50.000 máis que o ano anterior, o que supón o 21% do total do leite producido na comunidade no 2018, que ascendeu a 2.740.000 toneladas. Sen embargo, séguelle xa de preto CAPSA, que o pasado ano recolleu 450.000 toneladas, 85.000 máis que o ano anterior. Aínda maior foi o incremento da terceira industria en recollida en Galicia, Lactogal, que aumentou a recollida en 120.000 toneladas ata acadar as 385.600.

En canto ás industrias de capital galego, Leite Río experimenta un lixeiro incremento na recollida -unhas 5.000 toneladas máis- chegando ás 230100 toneladas. Máis destacable é o incremento de Feiraco, pertencente á cooperativa CLUN, que acada as 177.900 toneladas de leite recollido, unhas 32.000 máis que no 2017. Destaca tamén a irrupción da cooperativa AIRA, que recolleu no pasado ano unhas 66.000 toneladas de leite para procesalo na súa planta de Melide.

Do resto de industrias lácteas asentadas en Galicia, destacan os incrementos de Queserías Entrepinares, que acada as 131.200 toneladas, unhas 6.000 máis que no ano anterior; mentres que Nestlé tamén subiu a súa recollida en 2018 en 5.400 toneladas, ata as 90.400 toneladas.

Fonte: Terra e Leite

Fonte: Terra e Leite

Fonte: Terra e Leite

Fonte: Terra e Leite

Fonte: Terra e Leite

Fonte: Terra e Leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información