As indemnizacións abonadas por Agroseguro en Galicia eleváronse ata os 27,3 millóns de euros

As indemnizacións abonadas por Agroseguro en Galicia eleváronse ata os 27,3 millóns de euros

As indemnizacións abonadas por Agroseguro aos agricultores e gandeiros asegurados en Galicia polos sinistros rexistrados durante o ano 2023 eleváronse ata os 27,3 millóns de euros. Por liña de seguro, destacan as indemnizacións abonadas aos gandeiros galegos asegurados nas diferentes liñas de vacún, que crecen ata os 13,5 millóns, un 7 % máis que no ano 2022.

A liña de seguro que cobre os gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos alcanzou outros 12,9 millóns. Pola súa banda, as liñas de seguros agrícolas e forestais suman 804.000 euros en indemnizacións, tras unha campaña máis benévola (a diferenza de 2022, con danos severos para os agricultores galegos) grazas a unha menor incidencia de xeadas ou tormentas de pedrisco. Os sinistros repártense entre produtores asegurados de viñedo, forestais, hortalizas, forrajeros, herbáceos extensivos ou fresón e froitos vermellos, entre outras liñas.

Por provincia, os agricultores e gandeiros de Lugo recibiron 12,4 millóns de euros en indemnizacións. A continuación, sitúase A Coruña (9,6 millóns), Pontevedra (3,1 millóns) e Ourense (2,1 millóns).

A alta sinistralidade e indemnizacións abonadas por Agroseguro confirman os graves efectos da situación climática actual, e constatan a necesidade de contar cun seguro agrario para garantir o futuro e viabilidade das explotacións agrícolas e gandeiras. O aumento dos fenómenos meteorolóxicos graves foi constante ao longo da última década, como o pon de manifesto o máximo histórico de indemnizacións rexistrado en 2023 a nivel nacional: 1.241 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información