O vindeiro luns, 25 de marzo, termina o prazo para asegurar a próxima campaña de uva de viño a través das modalidades que inclúen cobertura fronte ás xeadas, así como protección fronte aos danos por saravia, choiva ou inundación, entre outros. Unha data que é vital para os viticultores, xa que a xeada é un risco que se deixou sentir de maneira severa e recorrente nos últimos anos en diversas zonas e cultivos (sobre todo en froiteiras, viñedo, cítricos, hortalizas….etc).
En concreto, desde Agroseguro informan de que as indemnizacións por xeada en viñedo eleváronse até os 18,2 millóns de euros na pasada campaña, con especial incidencia das rexistradas durante a primeira semana de abril en producións de Burgos, Valladolid, Segovia e Soria, aínda que os sinistros tamén se estenderon por Álava, A Rioxa e Castela-A Mancha. Xa de forma moi tardía, as xeadas repetíronse en maio na zona produtora de Ribera del Duero, con máis de 6.000 hectáreas sinistradas.
Por outra banda, a partir de xuño, e durante todo o verán, a actividade tormentosa foi constante, con danos por pedrisco en todas as zonas produtoras (A Rioxa, Navarra, Aragón, Comunidade Valenciana, Castela e León, Castela-A Mancha…), até sumar máis de 100.000 hectáreas con sinistro e máis de 38 millóns de euros en indemnizacións por estes fenómenos. Ademais, a falta de precipitacións e as altas temperaturas do exercicio 2023 minguaron as expectativas de produción do viñedo de secaño -situado principalmente en Cataluña, Castela-A Mancha e Estremadura-, con case 30 millóns en indemnizacións,
En total, Agroseguro abonou 105,4 millóns de euros en indemnizacións aos produtores asegurados de uva de viño, un 26% máis que en 2022. Por comunidades autónomas, os viticultores asegurados de Castela-A Mancha sumaron 32,2 millóns; a continuación, atópanse os produtores de Cataluña (19,2 millóns), Castela e León (15,5 millóns), A Rioxa (15,3 millóns), Comunidade Valenciana (7,8 millóns), Aragón (5,7 millóns) e Estremadura (5,0 millóns). O resto, até completar o total, corresponde a viticultores asegurados de Navarra, País Vasco, Rexión de Murcia ou Andalucía, entre outras zonas produtoras.
Medra o aseguramento do viñedo
O aumento da sinistralidade e a demostrada utilidade do seguro agrario impulsaron o aseguramiento do viñedo. En concreto, a actual campaña xa conta con case 360.000 hectáreas aseguradas (+5,6% respecto ao pasado ano a esta mesma data). A produción asegurada sitúase en 2,88 millóns de toneladas de uva de viño (+2,5%), cun valor da produción protexida polo seguro agrario que supera os 1.047 millóns de euros (+4,7%). De continuar con este ritmo de crecemento, a campaña 2024 de uva de viño poderíase pechar como a máis asegurada nos 43 anos de historia do seguro agrario.