A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga, a correduría de seguros que chegou ao liderado en só 10 anos

A firma galega celebra o seu décimo aniversario, no que repasa a evolución vertixinosa que experimentou desde o seu nacemento no 2013

Ucoga, a correduría de seguros que chegou ao liderado en só 10 anos

Ucoga celebrou a convención do seu décimo aniversario na adega Martín Códax, en Cambados.

A correduría de seguros Ucoga, especializada no sector agro e transportes, converteuse nun exemplo de éxito para o cooperativismo. Cando naceu en xaneiro do 2013, ao amparo dun grupo de cooperativas agroalimentarias galegas, o futuro da aventura era unha incógnita. Naquel primeiro ano, alcanzou 2.800 clientes e 3 millóns de euros en primas xestionadas. Dez anos despois, supera os 16.000 clientes, con 36.000 pólizas, e os 24 millóns de euros en pólizas xestionadas. En termos futbolísticos, Ucoga pasou de Preferente a Primeira División en só unha década.

O seu director xeral, Iván Novo, resume o éxito con dúas cifras: “Un de cada catro gandeiros galegos ten hoxe en día unha póliza con Ucoga. E a nivel de España, estamos nun de cada dez”. Se nos seus primeiros anos, Ucoga foi sobre todo unha correduría centrada en Galicia e Asturias, na actualidade, a parte de manter o núcleo no Noroeste, a súa carteira de clientes esténdese por todas as comunidades, unha expansión posibilitada en parte pola introdución das contratacións online nos últimos anos.

Ucoga, ademais da canle online e telefónica, dispón de 6 puntos de atención ao público en Galicia. A clave do seu éxito sitúaa a empresa nun servizo personalizado de calidade, profesional e a prezos competitivos. Unha enquisa entre os seus clientes, realizada por unha empresa externa, lanzou un alto índice de satisfacción, sobre todo no departamento de sinistros da compañía, que con máis de 22.000 sinistros xestionados, levou un sobresaínte na enquisa.

“Estamos cando máis se nos necesita”, resume Ucoga, que estes días conmemorou o seu décimo aniversario na convención anual que celebrou en Cambados, na adega Martín Codax. Ao evento asistiron máis de 120 empregados, colaboradores, compañías e figuras copartícipes coa correduría.

Esta edición da convención vestiuse co lema “Ritmo Ucoga”, co que se quixo recoñecer o traballo do cadro de persoas que fan que a engranaxe de Ucoga funcione como o fai. O director xeral de Ucoga, Iván Novo, agradeceu a todo o equipo a súa “dedicación e esforzo”, que permitiu a Ucoga Seguros “pechar cada exercicio cuns crecementos importantes tanto en primas como en comisións”, non sen destacar que Ucoga naceu e saíu sempre a flote nunha contorna económica-social tan complexa como a dos últimos anos”.

A firma galega entregou distincións de recoñecemento ás persoas que estiveron presentes desde os inicios da Correduría: ao equipo comercial das cooperativas: Alberto Fafián, Rosana Peillet, Pilar Docobo, Montse Ventura, Alfonso Riveira e Rocío Losada; ás compañías aseguradoras Generali e Allianz, así como ao primeiro cliente da correduría, a cooperativa Horsal.

Iván Novo quixo tamén prestar un especial recoñecemento a dous dos piares de Ucoga, que o acompañan desde o 2013, á directora de operacións Lucía Méndez e a Inés Freire, directora de Administración.

O peche do acto foi presidido por Jesús Bardelás, presidente de Ucoga, quen, a través dun emotivo discurso, destacou a valía do labor de Ucoga dentro do sector cooperativo e agroalimentario e encomiou as calidades do equipo de persoas que conforma a correduría. Bardelás, fixo entrega dun recoñecemento especial a Iván Novo, pola dedicación e esforzo coa que dirixe a compañía desde os seus inicios.

Logo da convención de Ucoga.

Logo da convención de Ucoga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *