Gonzalo Fernández Rodríguez reelixido decano da Facultade de Veterinaria da USC

O decano centra os novos obxectivos na execución do Plan Estratéxico 2024-2026 e na innovación educativa

Gonzalo Fernández Rodríguez reelixido decano da Facultade de Veterinaria da USC

O profesor Gonzalo Fernández Rodríguez, pertencente á área de Sanidade Animal do Departamento de Patoloxía Animal da USC, vén de ser reelexido decano da Facultade de Veterinaria. Nos comicios celebrados este xoves, Fernández Rodríguez conseguiu un respaldo maioritario con 65 votos a favor e seis votos en branco.

Neste novo mandato, os retos e obxectivos do decano están enfocados na implementación do plan previamente delineado polo centro no Plan Estratéxico para o período 2024-2026, así como no desenvolvemento dunha proposta de Grao de Excelencia. “As prioridades estratéxicas estarán centradas na organización do ensino e o desenvolvemento da docencia, cun enfoque orientado ao alumnado e ao futuro da profesión, xestión eficaz dos recursos, innovación na docencia, transformación dixital, internacionalización, comunicación, transparencia e transferencia de coñecemento”, detallou o profesor Fernández Rodríguez.

O decano tamén destacou a misión da facultade de promover a saúde e o benestar animal, así como a saúde pública, a través da excelencia en educación, investigación, práctica profesional e servizo á comunidade, afirmando que a facultade “debe continuar sendo un referente a nivel nacional e internacional”.

Anteriormente elixido no ano 2020, Gonzalo Fernández Rodríguez é membro do grupo de investigación INVESAGA, onde traballa principalmente en enfermidades infecciosas dos animais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información