A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de xovencas correspondente ao mes de outubro.
O podium das futuras mellores reprodutoras Holstein de España está encabezado por tres xatas pertencentes a gandarías galegas: LSCG 883 SATURN ET , con 5472 puntos ICO, e pertencente á gandaría coruñesa LANDEIRA SCG (Negreira) , socia da cooperativa Ganxabar; Menor Drost Vitoria ET, da gandaría coruñesa Casa Menor (Boimorto), con 5315 puntos; en terceiro posto CMP SATURN HELA ET , con 5274 puntos, e propiedade de CMP Hosltein, unha agrupación das gandarías Midón, Pistulario SL e Cunordam SC, e en cuarto lugar F. Raposo Drost 1347 ET, con 5228 puntos, e propiedade de Finca Raposo SC, unha gandaría de Mesía (A Coruña).
Este é a listaxe das primeiras 20 clasificadas:
Para máis información: 1.000 Mellores Novillas xenómicas por ICO
Servizo de valoración xenómica de CONAFE
En 2012 CONAFE puxo o servizo de valoración xenómica de femias a disposición dos seus socios e demais persoas e/ou entidades interesadas. As avaliacións xenómicas permiten seleccionar os mellores exemplares a unha idade máis temperá e con maior seguridade, xa que son máis fiables que os índices de pedigrí, utilizados tradicionalmente.
Este servizo ofrécese coa colaboración do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), Xenética Fontao, Ascol, Aberekin e Fefricale Sociedade Xenética.