A semana pasada concluiu na zona da Limia a primeira colleita galega de cebada cervexeira cun éxito total en termos de resultados. Esta zona da laguna de Antela demostrou contar cunhas condicións óptimas para o cultivo deste cereal, alcanzando un rendemento de 152.000 kg nas 32 hectáreas cultivadas ao final da colleita.
O balance non pode ser máis positivo, xa que sitúa a esta zona cun potencial enorme para este cultivo, moi por encima dos rendementos obtidos en rexións tradicionalmente cerealistas como Castela e León ou Aragón, especialmente afectadas por la sequía.
Cosecha de Galicia, empresa que pertence á Corporación Hijos de Rivera, comezou no 2009 este proxecto e este ano, en colaboración coa empresa Sementares, coordinaron a preparación deste cultivo con diferentes agricultores da zona da Limia.
As 32 hectáreas están dividas en 5 parcelas, e a variedade de cebada empregada é RGT PLANET, dentro do listado das variedades preferidas por Malteros de España. O obxectivo final é introducir este cultivo en Galicia e poder elaborar algunha das cervexas da compañía con malta de cebada de orixe 100% galega.
Un dos principais focos está na necesidade de manter un contido proteico no grao de cebada dentro dun rango axeitado para o proceso de elaboración de cervexa, que debe estar entre 9 y 11%.
Para alcanzar este obxectivo seguíronse prácticas agronómicas e optimización das técnicas nutricionais, que implican a redución do uso de fertilizantes nitroxenados e fosfóricos, facendo máis sostible o cultivo, evitando a contaminación de acuíferos e a eutrofización de augas superficiais.