España, entre os países da Unión Europea nos que máis aumenta a produción de leite en 2020

entregas leite ue primeiro cuadrimestre 2020España incrementou a súa produción de leite de vaca entre xaneiro e abril un 3,5% respecto ao mesmo período de 2019, o que a converte nun dos países da Unión Europea con maior crecemento das entregas de leite.

Así se desprende do informe da última reunión do Observatorio do Mercado Lácteo da UE, celebrada o pasado 26 de xuño.

De media, as entregas de leite das ganderías de vacún na UE incrementáronse nos primeiros catros meses de 2020 nun 1,6%, co axuste por ser ano bisesto, destacando os incrementos de España (+3,5%), Irlanda (+3,1%), Italia (+2,9%), Holanda (+2,4%) e Bélxica (+3,9%). Os grandes produtores, Alemaña e Francia, apenas aumentaron a súa produción de leite de xaneiro a abril nun 0,6% e nun 0,8% respectivamente.

No lado oposto, destacan a redución das entregas en países como Dinamarca (-0,5%) e Suecia (-0,8%).

Evolución dos prezos ata abril

En canto á evolución dos prezos do leite en orixe na UE, o informe salienta que “a media en abril foi de 0,3353 euros o kilo, o que é un 3,1% menos que abril de 2019 pero un 5,1% máis que a media dos últimos 5 anos”. España é un dos poucos estados nos que o prezo en abril foi superior ao do mesmo mes do ano pasado: un 1,8% máis.

prezos leite ue primeiro cuadrimestre 2020

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información