Encontro estatal en Santiago “Labregas participando para transformar as políticas públicas”

O Sindicato Labrego Galego participa no encontro que terá lugar dende mañá, martes 24, e durante a xornada do mércores 25. O programa inclúe visitas a granxas xestionadas por mulleres da comarca e representación do Ministerio do Reto Demográfico

Este martes, 24 de outubro, dará comezo en Santiago de Compostela o Encontro Estatal de Mulleres “Labregas participando para transformar as políticas públicas” organizado pola Confederación de Asociacións de Mulleres do Mundo Rural CERES, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL).

Dende a organización inciden na “importancia da participación das mulleres labregas nas mesas de negociación e onde se deciden as políticas que despois nos afectan nas nosas produccións, por exemplo a PAC, e tamén na visibilización de modelos agrícolas – gandeiros liderados por mulleres”.

As conferencias programadas no marco deste evento terán lugar no local da CUT en Santiago de Compostela (Rúa de Sar Nº 93 Baixo) e darán inicio cunha intervención da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Innovación e Formación, continuando ás 18.30 ca Directora Xeral de Políticas contra o Despoboamento, en representación do Ministerio do Reto Demográfico.

A continuación será o momento para debullar polo miúdo a perspectiva de xénero e a integración das medidas de apoio á igualdade dentro das políticas públicas existentes para o desenvolvemento económico do medio rural, análise que correrá a cargo de dúas representantes do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a gandeira e economista experta en desenvolvemento rural Ana Rodríguez Vázquez e a responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG-CCLL, María Ferreiro.

Na mañá do mércores realizarase unha visita a unha granxas de Rois xestionada pola afiliada do SLG-CCLL Carmen de Socastro, e ao obrador compartido de Rois, finalizando esta parte da xornada ás 14h.

A sesión de tarde fornecerá a oportunidade de coñecer dende as 17h experiencia de boas prácticas en innovación para a economía dixital agraria lideradas por mulleres. Presentaranse neste bloque de contidos o proxecto “Consume cabrito por Navidad”, liderado por unha granxa de carne de cabra en Gran Canaria en colaboración con escolas de hostelaría e Asoquegran; os proxectos que está a desenvolver no entorno europeo a Asociación de Mulleres de Cooperativas Alimentarias de España e as experiencias das afiliadas e integrantes da Dirección Nacional do SLG-CCLL Concha Montecelos de Casa Bértolo S.C. -gandeira en ecolóxico que transforma o leite e é socia dunha cooperativa agraria- e Uxía de Buciños Nóvoa, tamén membro da Executiva do SLG-CCLL, do proxecto agroecolóxico Tralaleira, situado na aldea de Oroxo na Reserva da Biosfera de Allariz (Orense), enmarcado dentro da Agricultura Sostida pola Comunidade.

A continuación a colaboradora do SLG-CCLL Tareixa Ledo Regal, especialista feminista en procesos participativos no marco da produción de alimentos impartirá a ponencia “A participación activa das mulleres nas políticas públicas como acto consciente de cidadanía para o exercicio dos dereitos humanos e a consecución dos ODS”.

Este encontro estatal pechará ca palestra “A perspectiva da mocidade e o futuro das zonas rurais da man das organizacións agrarias do Estado”, a cargo das xuventudes agrarias de COAG.

As conclusións e clausura están previstas ás 20.30h.

ProgramaEncontroCERES23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información