O Sindicato Labrego presentará este mércores en Santiago as súas propostas aos partidos para cambiar as políticas cara o agro

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentará ás candidatas/os á presidencia da Xunta as súas propostas políticas para mudar as políticas agroalimentarias galegas. O acto, aberto á cidadanía, terá lugar este mércores, 14 de febreiro, ás 11.30horas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela.

“O adianto das eleccións á presidencia da Xunta de Galicia que terán lugar o domingo 18 de febreiro abre unha oportunidade para reorientar as políticas agroalimentarias autonómicas. É urxente responder a décadas de destrución do medio rural e afrontar os retos derivados das crises climática e enerxética, entre outras”, sinalan dende a organización.

Neste sentido, neste acto público o SLG trasladará ás formacións políticas as propostas a desenvolver para “garantir unha alimentación sa e de calidade para as persoas e o medioambiente, consolidando no noso país un modelo agroecolóxico de produción arroupado e protexido por un medio rural vivo, no camiño á nosa soberanía alimentaria”.

18F_UnhaOportunidadeParaMudarAsPolíticasAgroalimentarias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información