Ence rexistra beneficios de novo gracias á reducción de custos e o aumento de prezos da celulosa

O grupo alcanzou un beneficio neto de máis de 3M€ no cuarto trimestre do ano, revertindo a tendencia dos tres anteriores. Así mesmo, anuncia o avance na tramitación do proxecto de As Pontes, no emprazamento da antiga central térmica

Ence rexistra beneficios de novo gracias á reducción de custos e o aumento de prezos da celulosa

Imaxe da fábrica de Ence Pontevedra. / Fonte: Ence

Ence – Energía y Celulosa rexistrou un beneficio neto de máis de 3M€ no cuarto trimestre de 2024, retomando así a senda dos beneficios grazas á redución de custos alcanzada e ao comezo da recuperación do prezo da celulosa.

Os tres primeiros trimestres do ano estiveron marcados polos baixos prezos da celulosa, que tocaron fondo no mes de agosto, de tal modo que o resultado do exercicio situouse en -25 M€. Desde entón, e ata o de agora, os prezos recuperáronse máis dun 40%. Así mesmo, os principais produtores anunciaron subidas adicionais.

Desde o punto de vista operativo a papeleira destaca un aumento do 15% na produción de celulosa no cuarto trimestre respecto ao anterior, ata superar as 266.000 toneladas. Así mesmo, o exercicio 2023 caracterizouse pola importante redución de custos alcanzada, de 180€ no custo por tonelada de celulosa, levando o cash cost ata os 455€/t.

As celulosas especiais de Ence, máis sostibles e adaptadas para substituír á fibra longa e aos plásticos, seguen gañando cota de mercado, crecendo ata alcanzar un 28% das vendas totais de celulosa no cuarto trimestre, e un 22% no conxunto do ano. O resultado operativo (EBITDA) consolidado do Grupo alcanzou os 25 M€ no cuarto trimestre e 89 M€ en 2023.

Crecemento e diversificación en celulosa e enerxías renovables

No negocio de celulosa, Ence continúa potenciando a venda das súas celulosas especiais e puxo en marcha o proxecto para diversificar a súa produción cara a celulosa fluff, para produtos hixiénicos absorbentes, cuxo arranque está previsto para 2026. Ademais, a compañía continúa avanzando na enxeñería e tramitación do proxecto das Pontes, unha bioplanta para a produción de fibra reciclada e branqueada a base de papel e cartón recuperados, sen incrementar o consumo de madeira e aproveitando o terreo industrial no que se situaba a antiga central térmica.

No negocio de renovables, o grupo continúa avanzando na diversificación das súas actividades cara á venda de enerxía térmica renovable e de biometano principalmente, aproveitando a súa posición de liderado en xestión de biomasa no mercado nacional. Pola súa banda, Ence Biogas prevé a posta en marcha dunha vintena de proxectos no próximos cinco anos. Ademais, esta filial xa conta cunha carteira de 6 plantas de biometano en fase de enxeñería e tramitación administrativa, cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2026.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información