Convocadas as axudas da Xunta ás adegas para paliar os efectos da Covid 19

Publicidade
Convocadas as axudas da Xunta ás adegas para paliar os efectos da Covid 19

A Consellería do Medio Rural publica este venres no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas, cun orzamento de 6 millóns de euros, para que podan acceder a préstamos en condicións vantaxosas e obter así liquidez tanto para pagar a uva desta vendima como para facer fronte aos descenso de vendas provocado pola crise do coronavirus Covid 19.

Deste xeito, as adegas galegas poderán acceder préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Poderán acollerse a estas axudas as pemes agroalimentarias que sexan titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

O importe máximo por beneficiario do préstamo ou prestamos garantidos é o correspondente ao importe total da uva para adquirir ou adquirida a terceiros na campaña 2020.

Así mesmo, no caso de uva procesada producida na explotación do solicitante, serán tamén amparables préstamos destinados a financiar o capital circulante de explotación. Neste caso, o importe máximo do préstamo obterase multiplicando a produción, en quilos de uva declarada da campaña 2020 destinada a vinificacion propia, polos seguintes coeficientes:

-Uvas acollidas a denominación de orixe: variedades preferentes 1,2 €/kg; variedades autorizadas 0,6 €/kg.

– Uvas acollidas a indicacións xeográficas protexidas: variedades principais ou recomendadas 1,2 €/kg; variedades complementarias ou autorizadas 0,6 €/kg. No caso de indicacións só con variedades autorizadas, considerarase o coeficiente 1,2 €/kg.

En calquera caso, o importe total do préstamo ou préstamos garantidos por beneficiario non poderá superar o importe de 200.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde; é dicir, ata o 21 de decembro.

Consulta aquí as bases das axudas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información