A Consellería asegura que esta semana pagará as axudas por vacún de leite e vacas nutrices

A Consellería asegura que esta semana pagará as axudas por vacún de leite e vacas nutrices

A Consellería do Medio Rural anuncia que fará efectivos, antes de que remate este mes, o pago de máis de 80 millóns de euros correspondentes ao anticipo da PAC da campaña 2017 que chegará a uns 50.000 beneficiarios.

A nova, que xa foi adiantada por Campo Galego, anunciouna este luns a titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na visita a unha explotación de carne de vacún na localidade luguesa de Friol.

A conselleira explicou que esta mesma semana está previsto o abono de algo máis de 34 millóns de euros correspondentes ao vacún de leite e vacas nutrices. No primeiro caso serán 7.672 beneficiarios cun importe de 24.758.651 euros e no das vacas nutrices os beneficiarios son 8.601, cun importe de 9.275.891 euros.

A vindeira semana pagaranse outros 46 millóns de euros, correspondentes a pago básico (uns 29,5 millóns de euros), pago verde (15 millóns), incorporación de mozos (86.800 euros) e pequenos agricultores (1,7 millóns). No que respecta ao número de persoas, por pago básico haberá 14.814 beneficiarios, outros 14.762 de pago verde, ademais de 128 mozos e 3.599 pequenos agricultores.

A Comisión Europea permitiu este ano a posibilidade de aboar a partir do próximo 16 de outubro ata o 70% das axudas directas da PAC e ata o 85% das de desenvolvemento rural. Galicia é unha das Comunidades do noso entorno que máis atraso acumula no anticipo deste abono aos gandeiros e agricultores.

Pastos afectados por lumes

A titular de Medio Rural tamén anunciou que o seu departamento traballa para que a PAC non exclúa dos pagos determinados pastos afectados polos incendios forestais, debido á situación de excepcionalidade vivida.

Neste sentido, a Consellería ven de realizar unha consulta ao Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), organismo dependente do Ministerio de Agricultura, para lograr unha excepcionalidade que permita aos gandeiros cobrar a estas achegas en certos pasteiros queimados. “O FEGA xa ten contestado e indica que terá en conta as consideracións realizadas desde Galicia á hora de xestionar os cobros destes fondos europeos”, aseguran dende a Consellería.

Una idea sobre “A Consellería asegura que esta semana pagará as axudas por vacún de leite e vacas nutrices

  1. Luia

    Tarde, mal e a rastro. Fai mais dun mes que cobraron en Andalucía, Castela e Leon, Estremadura,…e aquí anunciano como un logro grandísimo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información