Importes definitivos das axudas asociadas por cebo de becerros

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou esta semana o importe definitivo das axudas asociadas da PAC 2022 por cebo de tenreiros, tanto na propia explotación de nacemento como noutra.

Para esta axuda diferéncianse dúas rexións, España peninsular e rexión insular, diferenciándose estas á súa vez entre os animais que foron cebados na mesma explotación de nacemento ou en cebadoiros comunitarios xestionados por produtores de vacas nutrices, daqueles animais que foron cebados e proceden doutra explotación.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión España peninsular estableceuse un importe unitario definitivo de 28,01 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión España peninsular fixouse un importe unitario definitivo de 15,32 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión insular acordouse un importe unitario definitivo de 65,94 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión insular a axuda é de 42,41 €/animal.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo dos distintos importes.

FEGA AXUDA CEBO BECERROS 2022 1

Axuda por Dereitos Especiais establecida en Sección 8ª do Capítulo II do Título IV do Real Decreto

O obxectivo destas axudas é garantir a viabilidade económica das explotacións de vacún de cebo, e así mesmo, con carácter específico no caso da Axuda Asociada establecida na Sección 8ª do Capítulo II do Título IV do Real Decreto, prestar un apoio aos gandeiros de vacún de cebo que fosen titulares de dereitos especiais en 2014, e que, na solicitude única de cada campaña, non dispoñan de hectáreas admisibles sobre as que activar dereitos de pago básico.

Para esta axuda asociada estableceuse un importe unitario definitivo de 48,43 €/animal.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo do importe.

FEGA AXUDA CEBO BECERROS 2022 2

Este importe unitario definitivo aplícase, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe unitario provisional. Por tanto, con este importe unitario definitivo, xa é posible proceder ao pago do 100% do importe total a abonar polos citados réximes de axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información