Concurso autonómico Fefriga 2024 os días 23, 24 e 25 de febreiro en Santa Comba

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, 15 de xaneiro. Haberá tamén Concurso de Preparadores e de Manexadores de gando

vacas gandería Rey de Miñotelo Fefriga 2022 MoexmuA Federación Frisona Galega (Fefriga) e o Concello de Santa Comba, coa colaboración dos Africores provinciais e da Consellería do Medio Rural, organizan a última fin de semana de febreiro o Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2024.

A 32 edición deste certame terá lugar os días 23, 24 e 25 nas instalacións do recinto feiral de Santa Comba. Poderán participar no concurso ganderías ubicadas en Galicia con animais inscritos no Libro Xenealóxico da Raza Frisona nados na comunidade e propiedade de granxas galegas.

O prazo de presentación de solicitudes por parte das explotacións para participar cos seus animais no concurso remata o vindeiro luns, 15 de xaneiro, e o xurado de admisión estará formado por representantes de Africor Lugo, A Coruña e Pontevedra. A cédula de inscrición deberá ser remitida cumprimentada e asinada a Fefriga, que outorgará unha axuda por animal presentado a concurso de 100€ por xata e xovenca e 150€ por vaca.

Premios

Os premios para os animais gañadores en cada unha das 30 seccións do concurso será de 150€ e de 50€ para os subcampións, cunha gratificación para as fillas de touros de Xenética Fontao mellor clasificadas que será de 100€ por becerra, 200€ por xovenca e 300€ por vaca.

A Vaca Gran Campiona do Concurso recibirá 1.000€ e a Novilla Gran Campiona 600€. En canto á gandería declarada Mellor Criador de xovencas recibirá 300€ e o Segundo Criador 150€. O premio para o Mellor Criador de vacas será de 600€ e para o Segundo Criador de vacas de 300€.

Entre os fins que se perseguen coa celebración deste certames está o de estimular ás explotacións na cría de animais de alta calidade xenética e orientalas sobre as tendencias actuais de selección e mellora xenética no ámbito internacional.

O catalán Pol Collell será o xuíz do Concurso

Pau Collell foi o xuíz do último Concurso da Moexmu

Pau Collell foi o xuíz do último Concurso da Moexmu

Xulgará o Concurso Autonómico deste ano o xuíz catalán Pol Collell Sabaté, que conta cunha dilatada experiencia como xuíz de Conafe, en activo dende o 2015, xulgando certámenes de distinta categoría ao longo da xeografía española.

Natural de Manlleu (Barcelona), este gandeiro catalán ocúpase tamén da xestión da granxa familiar El Campgran, na que se manexan 170 vacas en muxido, dun total dunhas 330 cabezas, cunha media de calificación morfolóxica de 84,50 e unha media de producción por vaca e día de entre 37 e 42 litros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información