O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo pon en valor a cultura do viño na IXP Ribeiras do Morrazo a través dunha bitácora de 14 pezas audiovisuais.
Deste xeito, coincidindo co día mundial do enoturismo, ven de publicar un vídeo divulgativo da bitácora audiovisual da “RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS”
Trátase de 14 pezas audiovisuais para darlle voz aos legatarios do patrimonio, aos viticultores e a todos aqueles que posúen coñecementos, experiencias e vivenciais vencelladas á cultura do viño nas súas múltiples dimensións humanas, históricas, artísticas e culturais.
A “Ruta dos viños oceánicos” que o GDR está a desenvolver, é un itinerario enoturístico e cultural que percorre os atractivos turísticos dos concellos da IXP Ribeiras do Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela) tendo a cultura do viño fío condutor.