Distinción para o “viño da area” dos viñedos centenarios de Cangas do Morrazo

A adega EntreVideiras e o seu viño María Soliño, elaborado a partir de uvas provenientes de viñedos centenarios situados nas dunas de Cangas, foron os elixidos pola compañía Hijos de Rivera nesta nova edición do proxecto "Viñadores do Atlántico"

Publicidade
Distinción para o “viño da area” dos viñedos centenarios de Cangas do Morrazo

Cova do Vento 2 maria soliño ESTANDARViñadores do Atlántico, o proxecto de distribución de Hijos de Rivera que busca impulsar o desenvolvemento sostible e a economía local das zonas vitivinícolas galegas, escolleu á adega EntreVideiras para esta edición e o seu viño María Soliño, elaborado a partir de uvas provenientes de viñedos centenarios situados en Cangas do Morrazo.

A compañía, a través de Viñadores do Atlántico, selecciona adegas galegas que traballan na recuperación de cepas autóctonas baixo unhas prácticas responsables e que poñan en valor a cultura da terra. Estes proxectos vitivinícolas, apoiados por Hijos de Rivera a través da súa consolidada rede de distribución e comercialización, xeran un impacto positivo real na súa contorna.

Fernando Yáñez, que lidera a división de viños de Hijos de Rivera, sinala que “mediante Viñadores do Atlántico, buscamos establecer novas conexións colaborativas coas adegas galegas, co propósito de impulsar a recuperación de cepas autóctonas e resaltar o potencial enolóxico presente nas diversas áreas vitivinícolas”.

Para a súa edición 2023, Viñadores do Atlántico fixouse no viño dunar María Soliño IXP Ribeiras do Morrazo, elaborado pola adega EntreVideiras. Este “viño da area”, bautizado así pola localización das súas cepas no complexo dunar protexido de Nerga-Donón en Cangas do Morrazo, provén dun dos poucos viñedos prefiloxéricos que se poden atopar en España. Estes redutos son moi escasos a nivel mundial, sendo Galicia un dos lugares onde maior concentración hai.

Precisamente, foi a area do terreo a que permitiu que as vides sobrevivisen a praga de filoxera que arrasou as plantacións europeas durante a segunda metade do século XIX. O insecto, que se alimentaba das follas e raíces da vide, rapidamente propagouse polo vello continente, arrasando con varios millóns de hectáreas de viñedos en España e Francia. Unicamente aquelas plantacións situadas en chans arenosos e pedregosos puideron sobrevivir á praga.

Este viñedo ten ademais características únicas propias desta zona, como o alcance das súas raíces, enterradas a máis de tres metros de profundidade e cunha antigüidade de máis de cen anos. Á súa vez, as viñas atópanse elevadas grazas a estruturas de madeira realizadas a partir de materiais da propia zona de colleita, o que os fai especialmente respectuosos coa contorna.

Espadeiro blanco ESTANDAR

César Alonso, enólogo e copropietario de EntreVideiras, resalta a importancia de preservar estes viñedos tan singulares. “A Ribeira do Morrazo é moi importante natural e etnográficamente, albergando un terreo non moi explotado que conserva unha cultura vitivinícola ancestral, con variedades autóctonas tradicionais e sen híbridos. Agradecemos a Hijos de Rivera o seu apoio e que nos seleccionaran nesta terceira edición do programa Viñadores do Atlántico”.

María Soliño, natural de Cangas do Morrazo, é a seleccionada para ser a imaxe deste viño dunar. Acusada inxustamente de actos de bruxería no ano 1621 xunto a outras 8 mulleres, a historia de María lémbrase a través de lendas e romarías populares na súa Cangas natal, converténdose nun emblema do patrimonio cultural galego que Hijos de Rivera, a través de Viñadores do Atlántico, tamén trata de protexer. Un recoñecemento ás mulleres galegas que durante gran parte do século XX tivéronse que facer cargo do coidado dos viñedos mentres os homes atopábanse traballando no mar.

O viño María Soliño, exemplo da frescura atlántica que caracteriza a tradición vitivinícola galega, é elaborado con uva das variedades albariño e loureira vendimiada manualmente durante os primeiros días de setembro, data na que a froita se atopa no seu punto óptimo de madurez. O despalillado e a maceración da uva enteira realízase a baixa temperatura durante 10 horas. Tras unha fermentación alcohólica controlada a 16ºC e a súa posterior crianza en depósito sobre lÍas, o viño é clarificado con arxilas e filtrado a través de placas de celulosa antes do seu embotellado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información