Baixada nas cotizacións da manteiga, queixo e leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. A primeira quincena do 2024 remata con baixadas tanto na manteiga como no leite en po e no queixo. A previsión é de que o prezo medio en xaneiro en orixe quede nos 0,46 euros o litro de media.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 545 €/100 kg, -0,2 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 256 €/100 kg, -1,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, -1.0 % ,,
-Queixo cheddar: 357 € /100 kg -1,1%

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia segue baixando, e queda esta semana nos 0,493 euros o litro.

PREZOS LACTEOS UE XANEIRO 24 2

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou esta semana cunha suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 1,7%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 5,8 %, mentres que o prezo do queixo subiu un 1,0% e o leite en po desnatado revalorizouse nun 1,2 %. En todo caso, hai que ter en conta que os prezos medios dos produtos lácteos en Nova Zelanda están máis baixos que na UE, co que teñen máis marxe de revalorización, tal e como se reflicte nesta táboa:

PREZOS LACTEOS iternacional XANEIRO 24 2

PREZOS LACTEOS fonterra XANEIRO 24 2

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información