Suba xeralizada do leite en pó e da manteiga nos mercados

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este mércores as cotizacións desta semana na UE, así como en Estados Unidos e en Nova Zelandia, cunha tendencia xeral á alza tanto no leite en pó como na manteiga.

No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes:

-Manteiga: 456 €/100 kg, +3,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, +7,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 341 €/100 kg, +3.9 % ,,
-Queixo cheddar: 359 € /100 kg +0,3%

PREZOS LACTEOS UE OUTUBRO 23 1

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,528 euros o litro.

Forte suba da manteiga nos Estados Unidos

A tendencia á alza nos produtos lácteos, coincidindo cunha menor produción en Nova Zelandia, é xeralizada nos tres principais exportadores a nivel internacional:

PREZOS LACTEOS USA NZ OUTUBRO 23 1

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cun repunte dos prezo dos produtos lácteos do 4,4%. Así, houbo unha suba do 4,8% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- e o desnatado encareceuse un 6,6% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 1,3%.

PREZOS LACTEOS fonterra OUTUBRO 23 1

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información