O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de xaneiro dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destaca a suba do queixo cheddar e, en menor medida do leite en po enteiro, mentres que a manteiga e o leite en po desnatado, experimentan unha leve caída.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 544 €/100 kg, -0,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 253 €/100 kg, -2,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 367 €/100 kg, -0.5 % ,,
-Queixo cheddar: 367 € /100 kg -0,5%
Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia mantense sen cambios respecto á semana pasada e queda esta semana nos 0,495 euros o litro.
En canto á situación do mercado internacional, Nova Zelandia é máis competitiva en prezos de leite enteiro en po, mentres que Estados Unidos ten os menores prezos da manteiga, queixo e leite en po desnatado.