O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta segunda semana de marzo dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as subas da manteiga e do queixo cheddar, mentres que baixa o leite en po.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 567 €/100 kg, +2,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 247 €/100 kg, -1,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 361 €/100 kg, -0.4 % ,,
-Queixo cheddar: 389 € /100 kg +5,7%
Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira baixada respecto á semana pasada e queda nos 0,448 euros o litro, prácticamente sen cambios dende comezos de ano.
Se analizamos a evolución interanual dos prezos destaca a suba da manteiga, un 18% nos últimos doce meses, e en menor medida do leite en pó enteiro (+5%), que son os que están a manter os prezos do leite en orixe. Pola contra, o leite en po desnatado baixou un 6%, unha caída das cotizacións que ainda foi maior nos queixos: -22% no cheddar, -8% no Gouda e -7% no Emmental.