Axudas á promoción do viño en terceiros países: Galicia só recibe 1,3 millóns de euros dos 45,8 que reparte o Goberno

A Conferencia Sectorial de Agricultura acorda a repartición de 45,8 millóns de euros entre as comunidades autónomas para promocionar o viño en terceiros países. O ministro expón ás comunidades autónomas elevar a subvención ao 50 %, máximo permitido, aos 673 programas presentados

Publicidade

A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, acordou repartir 45,84 millóns de euros euros entre as comunidades autónomas para os programas de promoción do viño en mercados de terceiros países para o 2025. Na repartición por comunidades autónomas, apenas 1,3 millóns de euros destinaranse a Galicia.

As axudas proceden do Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA) para executar en 2025, cuxa convocatoria se realizou en setembro de 2023. Cun orzamento para esta medida de 55,59 millóns de euros, as solicitudes presentadas foron finalmente por un total de 45,8 millóns de euros. Por iso, o ministro Luís Planas expuxo aos conselleiros e conselleiras autonómicas do ramo elevar a subvención ao 50 %, máximo permitido, para os 673 programas presentados polas autonomías, que mostraron a súa conformidade coa proposta ministerial.

Esta liña de promoción e comunicación dos viños españois en mercados de terceiros países está recollida na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV), dentro do marco do Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común 2023-2027.

A distribución entre as comunidades autónomas é a seguinte:

REPARTO FONDOS PROMOCION VIÑO TERCEIROS PAISES 2024 2025

Por outra banda, o ministro abordou, ademais, os 7 puntos que evocaron os conselleiros e conselleiras do ramo na reunión presencial celebrada en Madrid o pasado 19 de decembro e sobre os que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación está a facer un seguimento.

O potencial do sector vitivinícola foi outra das demandas expostas en decembro polas comunidades autónomas. Luís Planas remarcou que o ministerio manterá o potencial do sector vitícola, coa extensión dos dereitos de plantación de viñedo até 2045 e que, a través da Intervención Sectorial do Viño (ISV) manterase a colleita en verde no caso de que sexa necesario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información