Galicia exportou en 2023 un total de 4.373 millóns de euros en produtos alimentarios

É a quinta comunidade en volume de exportacións, que equivalen ao 6% das exportacións agroalimentarias españolas. Entre os produtos máis exportados están o leite e a nata, por valor de 169 millóns de euros

Presentación del informe sobre exportación de productos agroalimentarios españoles en 2023

Presentación do informe sobre exportación de produtos agroalimentarios españois en 2023

Galicia representou no 2023 o 6% das exportacións de produtos agroalimentarios españois, segundo se desprende do Informe elaborado por Cajamar, que toma como base os datos da estatística oficial de comercio exterior.

O valor das exportacións agroalimentarias procedentes da comunidade galega medrou en conxunto un 6% o ano pasado, ata alcanzar os 4.373 millóns de euros, o que converte a Galicia na quinta comunidade máis exportadora de alimentos.

As exportacións agroalimentarias galegas creceron un 7% na última década

En 2023 mantense o liderado rexional de Cataluña (15.300 millóns de euros) e Andalucía (case 14.000 millóns), que se resente polas dificultades do sector do aceite de oliva. Séguenlles a Comunidade Valenciana, con 8.673 millóns, Murcia con 6.776 millóns, e Galicia con 4.373 millóns de euros.

informeCAJAMAR-exportaciones-agroalimentarias-2023-Galicia

As exportacións agroalimentarias representaron o 15% do total das exportacións galegas o ano pasado. As empresas galegas do sector alimentario máis exportadoras son as vinculadas á pesca e ao sector lácteo.

Os alimentos representan o 15% do total de produtos exportados desde Galicia

Peixes e mariscos frescos e as conservas de peixe supoñen máis do 60% das exportacións agroalimentarias da comunidade. Outras partidas destacadas son o leite e a nata. En conxunto, o ano pasado Galicia exportou leite e nata por valor de 169 millóns de euros, un importe un 6% inferior ao do ano anterior.

Forte crecemento do sector porcino en Aragón

En canto ao crecemento das exportacións por comunidades autónomas, destaca de novo este ano o dato de Aragón, cuxo impulso do seu sector cárnico eleva as súas vendas ao exterior un 21% con respecto ao ano anterior, así como Madrid, Castela e León, Galicia, A Rioxa e Estremadura, que crecen todas elas por enriba da media. Os datos menos positivos preséntanos as Baleares e Asturias. Andalucía reflicte unha caída do 3%, sen dúbida, influída pola baixada nas vendas de aceite de oliva.

Na análise a medio e longo prazo, nas medias de crecemento a 5 e 10 anos, destaca novamente Aragón, cuxo incremento do sector porcino lévaa a unha taxa media anual do 16% con respecto ao dato de hai 5 anos, e do 14% respecto a 2013.

En canto á importancia do sector agroalimentario nas exportacións totais, destaca Murcia, onde o 48% das súas vendas ao exterior corresponden ao sector agroalimentario; sendo ademais a segunda comunidade con maior balanza comercial agroalimentaria positiva, con 3.855 millóns de euros de superávit, só por detrás de Andalucía, líder con 5.934 millóns.

Medran as vendas dentro da UE

En conxunto, o valor das exportacións agroalimentarias españolas creceu un 3,5 % en 2023, pero o volume descendeu por segundo ano consecutivo. O estudo recolle, como dato positivo, que a balanza comercial agroalimentaria tivo un ano máis un superávit de 14.408 millóns de euros, sendo con diferenza o maior diferencial entre exportacións e importacións de entre os grandes sectores da economía española, o que resalta a importancia do agroalimentario dentro do sector exterior español.

O crecemento das vendas á Unión Europea contrasta coa caída nas exportacións a países terceiros

Nun ano caracterizado polas dificultades derivadas das caídas na produción de diferentes sectores pola seca, así como pola persistencia da inflación, as exportacións agroalimentarias conseguiron crecer en 2023 un 3,5% en valor ata os 69.608 millóns de euros.

Este crecemento contrasta coa caída das vendas exteriores en volume, que descenderon un 9 %, con baixadas en todos os principais produtos exportados: -6% en froitas e hortalizas, -8% en carne de porco, -33% en aceite de oliva e -2% en peixes e mariscos e viños.

informeCAJAMAR-exportaciones-agroalimentarias-2023-por comunidades

Na análise das exportacións agroalimentarias por categorías, en 2023 destaca o bo comportamento de froitas e hortalizas (+5%) e porcino (+8%), mentres o aceite apenas creceu un +1% e a partida de peixes rexistrou un descenso do -3%.

Países Baixos, Alemaña, Francia e Italia seguen sendo os principais países exportadores agroalimentarios da UE

Nos datos por países destaca a puxanza das exportacións españolas tanto a Alemaña (+903 millóns de euros e +12%), Portugal (+795 millóns e +12%) e Francia (+ 674 millóns e +7%), como a países do Leste como Polonia (+220 millóns de euros e +13%), República Checa (+136 millóns e +19%) e Romania (+132 millóns e +24%).

En países terceiros prodúcese por primeira vez no últimos dez anos un descenso global nas exportacións (-1.340 millóns de euros) marcado polos descensos en China (-642 millóns de euros e -26%). Outros mercados relevantes que baixan son Estados Unidos (-180 millóns e -6%), Corea do Sur (-213 millóns e -22%) e Xapón (-190 millóns e -14%), aínda que todos eles, excepto China, tiveron crecementos importantes o ano anterior que compensan estes descensos.

As exportacións de produtos lácteos españois a China aumentan un 15%

informeCAJAMAR-exportaciones-agroalimentarias-2023-productos lacteos

O sector lácteo español mantivo un comportamento dinámico nos últimos anos, nos que viu incrementar as súas vendas no exterior moi por enriba da media agroalimentaria.

España é o noveno país exportador de produtos lácteos e queixos da UE, sendo os principais exportadores comunitarios Alemaña, Países Baixos, Francia, Italia e Bélxica, por esta orde.

Na desagregación por produtos lácteos exportados en 2023, o 46% do total son queixos e o 26% leite, cun 28% para outros produtos (lactosuero, manteiga). Dez anos atrás, os queixos supoñían un 35%, o que dá idea da positiva evolución da exportación deste produto na última década.

A exportación de queixos aumentou 11 puntos porcentuais na última década

En 2023, os queixos experimentaron de novo un forte crecemento interanual (+14%), que se suma ao do ano anterior (+20%), e cun incremento medio nos últimos 10 anos tamén superior á media agroalimentaria (+11%).

En canto a mercados, hai unha importante concentración xeográfica nas vendas á UE, cun 66% do total, aínda que descendeu 13 puntos desde o 79% de 2013. En canto a mercados concretos, Portugal, Francia, Italia, Estados Unidos, China e Reino Unido son os principais destinos, por esta orde, destacando ademais como curiosidade a presenza de Cuba no noveno lugar na clasificación.

Os queixos representan só o 5% dos produtos lácteos españois exportados a China

En canto aos crecementos, e dentro da boa tónica xeral en 2023, Cuba (+61%) destaca sobre o resto, aínda que partindo de cifras relativamente baixas. Outros mercados que soben de forma relevante, en termos relativos, son Reino Unido (+21%), Portugal (+20%), Estados Unidos (+16%) e China (+15%). Con respecto a fai 10 anos, China (+31%) e Cuba (+29%) ascenden claramente por enriba do resto, destacando Alemaña a escala comunitaria.

Outro dato interesante é a composición das exportacións por produtos, que segue o patrón xeral da categoría, excepto en dous mercados: Estados Unidos, onde case o 100% dos 90 millóns exportados son queixos, e China, gran importador de leite e derivados, onde, pola contra, os queixos supoñen unicamente o 5% do total exportado desde España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información