
Xuntanza de traballo para a 40 edición da Moexmu, coa presenza de Africor e de gandeiros participantes no concurso
O pasado sábado, 16 de decembro, tivo lugar o tradicional encontro cos gandeiros participantes no Concurso de Gando da Moexmu, no que se fixo balance da última edición do certame organizado durante a Mostra Exposición de Muimenta e comezou a preparación da vindeira cita, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril do 2024, con 22 seccións a concurso.
Na xuntanza falouse da organización do Concurso de Gando, o único destas características que se mantén na provincia de Lugo e confirmouse tamén a realización da Poxa de Gando Selecto que o acompaña e que chega xa á súa 28 edición.
Haberá unha Liga de pelado e de manexadores ademais dunha Liga xeral
Tamén se manterá na vindeira edición o Concurso de pelado, destinado a mozos e mozas preparadoras na tarde do venres 5 de abril no Recinto Feiral Manuel Vila. Africor Lugo, a petición dos gandeiros, estudará a posta en marcha dunha Liga de pelado e outra de manexadores, ademais dunha Liga xeral.
As distintas categorías do vindeiro Concurso da Moexmu serán as seguintes: