A Xunta anuncia que pagará a finais de maio as axudas por ecorreximes

A Consellería do Medio Rural asegura que nos próximos ingresará o 90% das axudas da PAC por ecorreximes a uns 16000 beneficiarios

A Xunta anuncia que pagará a finais de maio as axudas por ecorreximes

A Consellería do Medio Rural anunciou hoxe que “fará efectivo a finais de maio -adiantándose ao prazo establecido do 30 de xuño- o pagamento correspondente ao 90% do importe da axuda de ecorréximes da PAC, malia que aínda non están publicados os importes unitarios das axudas directas por parte do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), o que condiciona a posibilidade de pagar neste intre o 100% destas achegas”.

Este pago suporá un desembolso de arredor de 13,5 millóns de euros para os beneficiarios acollidos a estas axudas, que en Galicia son arredor de 16.000, que representan aproximadamente o 65% do total de solicitantes da PAC na nosa comunidade.

Con respecto ás axudas agroambientais da PAC, cuxa resolución foi publicada o pasado día 1 de marzo, estas achegas supoñen un montante de 26,2 millóns de euros, o que supón un notable incremento respecto ao ano anterior (daquela foran 19,6 millóns). Arestora o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) está preparando os pagos correspondentes, unha vez que por parte do Fega se habilitou a aplicación informática de xestión para a avaliación dos controis de campo.

Neste sentido, dende Medio R ural precisan que “cómpre aclarar que as instrucións polas que se establece a forma e o contido de información a cubrir nos ficheiros de pagos foi publicada polo Fega na segunda quincena de abril. Sen estas instrucións non se poderían realizar os pagos que, en todo caso, faranse dentro do prazo establecido”.

Por último, dende a Consellería do Medio Rural lembran que “recentemente por parte do Fogga xa se pagaron a totalidade das axudas a zonas con limitacións naturais, que beneficiaron uns 10.500 perceptores por un importe global de arredor de 18 millóns de euros”. Así destacan que, “Galicia xa efectuou o pago do 90% dos importes en todas as demais liñas de axudas directas correspondentes á presente campaña, así como o 100% nas dúas medidas de zonas con limitacións naturais, o que supón, en conxunto, máis de 146 millóns de euros inxectados no rural galego”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información