A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo empraza á distribución a aclarar a quen beneficia a suba do leite

A organización manterá un encontro coa conselleira este xoves 26. Anuncia novas tractoradas en Santiago e na Coruña, sen data

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo empraza á distribución a aclarar a quen beneficia a suba do leite

O sector prevé novas tractoradas en Santiago e na Coruña para decembro.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo posterga polo de agora a convocatoria de mobilizacións. Nos últimos días, dous dos colectivos que integran a Plataforma, Unións Agrarias e a Organización de Productores de Leche propuxeran distintas accións ante a distribución e tamén ante as industrias, se ben, na reunión mantida onte, optaron finalmente por agardar acontecementos. O xoves reúnense coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e iniciarán tamén esta semana contactos coa distribución.

O sector agrario quere saber por que a suba de prezos do leite que houbo nos supermercados non está chegando ó gandeiro. Para aclaralo, solicitará estes días por carta que as cadeas de supermercados expliquen se eses cartos están indo a parar á industria ou se simplemente están a engrosar a súa conta de resultados.

Doutro lado, a Plataforma insta ó Ministerio de Agricultura a axilizar o decreto que permitirá coñecer os prezos de cesión entre industria e distribución. A información que manexa a Plataforma é que ese decreto se publicará a finais de decembro, “moi tarde”, valoran. En canto á reunión deste xoves coa conselleira, os representantes do sector demandaranlle a constitución en Galicia dunha Mesa do Leite que sirva para establecer un diálogo na cadea láctea de Galicia.

De cara a decembro, o sector anuncia accións de presión ante a distribución e tractoradas en Santiago e na Coruña, cidade na que está a Delegación do Goberno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información