A Xunta anuncia que para a semana pagará 38 millóns de anticipos da PAC

A Xunta anuncia que para a semana pagará 38 millóns de anticipos da PAC

A semana que vén o Fondo Galgo de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, transferirá preto de 38 millóns de euros en concepto de anticipo das axudas da PAC 2020-2021 a máis de 21.300 gandeiros e agricultores galegos

Así, por segunda vez neste período de programación da PAC, o Fogga realizará o pago de anticipos tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Así, a Consellería efectuará o pago do 70% da axuda total, o máximo establecido pola Comisión Europea, a dúas semanas de comezar o período oficial de pagamento.

En concreto, as liñas de axuda que se aboarán son as de vacas nutrices, con 10,5 millóns de euros que beneficiará a máis de 13.000 agricultores e gandeiros, e de vacún de leite, con 27,3 millóns de euros e máis de 8.000 beneficiarios. Uns pagos que permitirán dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.

Ademais, a Consellería anuncia que no mes de decembro prevese realizar un novo pago, de forma que no ano 2020 en Galicia se alcance o obxectivo de importes superiores a 140 millóns, beneficiando así a máis de 26.000 solicitantes.

Convenio coas entidades financeiras

Ademais, dende o departamento que dirixe José González informan de que un total de 1.852 gandeiros e agricultores galegos solicitaron a axuda de mínimis do anticipo da PAC ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta e diferentes entidades financeiras por un importe superior aos 225.500 euros.

Este acordo, subscrito o pasado mes de maio, permitiu abrir unha liña de préstamos a interese cero co fin de que os agricultores e gandeiros galegos puideran percibir o anticipo das axudas da PAC xa o verán. Ditas solicitudes foron tramitadas nas entidades participantes de Abanca, Caixa Rural Galega, Sabadell, Santander e CaixaBank.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información