Xornadas de granxas abertas no Baixo Miño

Publicidade

O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza as VII Xornadas de Granxas Abertas que nesta ocasión permitirá visitar e coñecer de primeira man iniciativas de emprendemento agrícola na comarca pontevedresa do Baixo Miño.

Terán lugar o venres 26 de marzo e visitaranse “Cultivos Miñotos” , na parroquia de Eiras, no Rosal, onde traballan con aguacate e maceiras; “O Alcouve da Moura”, na Guarda, cooperativa de horta; “Lacena, comida espida” , tamén da Guarda, unha tenda que vende alimentos a granel; e a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, onde explicarán os aproveitamentos que fan do mancomún e o seu traballo co gando caprino.

As persoas interesadas en participar poden enviar un email a mocidade@sindicatolabrego.com
ou chamar ao 981 554 147 (preguntar por Nesi ou Conchi).

XORNADAS GRANXAS ABERTAS SLG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información