Xornada sobre “O minifundio en positivo”

Publicidade
Xornada sobre “O minifundio en positivo”

Aldea de A Baña (A Coruña)

Data inicio: 13/12/2017
Data fin: 13/12/2017
Lugar: Carballo, A Coruña, España

Este próximo mércores, 13 de decembro, terá lugar na Casa da Xuventude de Carballo a primeira xornada sobre “Xestión, emprego, ruralidade e xuventude: O minifundio en positivo”.

Este acto está organizado pola Efa Fonteboa, en colaboración con Agrobank, Feiraco e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O programa é o seguinte:

10:00 h. Presentación:

-Luís García Fernández, director do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa

-Javier Andrade García, director de Oficina de Caixabank (Carballo)

10:15 h. “As agriculturas na sociedade postindustrial: ameazas e oportunidades”

-Jaime Izquierdo Vallina. Coordinador de asuntos ambientales da Consejería de Infraestructuras y Medio Ambiente. Gobierno de Asturias

11:00 h. “Novas oportunidades de emprego no rural”

-Yolanda Trillo Dono. Veterinaria, Coordinadora da plataforma on line“Líderes en benestar”

11:45 h. Pausa café

12:15 h. “A produción de leite ecolóxico en Galicia”

-Ramón Jesús Lamelo Otero. Servizo de Promoción da Calidade Agoralimentaria. Consellería de Medio Rural

13:00 h. Mesa redonda cos ponentes

14:00 h. Remate da sesión da mañá.

16:30 h. Visita a Feiraco: “Que hai detrás dun litro de leite?”

19:00 h. Remate da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información