Data inicio: 06/07/2017
Data fin: 06/07/2017
Lugar: O Barco, España
O vindeiro 6 de xullo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as quintas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017. O evento leva por título “O mercado do viño. Novas tecnoloxías para a venda” e desenvolverase no Salón de actos do Edificio Multiusos (Praza do Concello, nº2) en O Barco de Valdeorras (Ourense) en xornada de mañá.
No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).
O prazo de inscrición rematará o día 5 de xullo.
Velaquí o programa da xornada: