Xornada sobre como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega

O grupo operativo Proteinleg analiza este xoves nunha xornada virtual e gratuíta as consecuencias da guerra no sector gandeiro galego

Xornada sobre como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega

O grupo operativo supraautonómico Proteinleg organiza este xoves, día 19 de maio, unha charla con axentes do sector para analizar Como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega? A xornada en liña será retransmitida vía Teams e a inscrición é gratuíta.

Coñecido como a despensa de gran de Europa, Ucraína é o gran exportador da UE de numerosos cultivos que son base para o funcionamento do sector agroalimentario europeo. Co estalido da invasión cortouse esa subministración, o que xerou unha enorme crise de abastecemento na industria gandeira, que viu seriamente comprometida a elaboración de pensos, co risco que supón para os animais e a viabilidade das ganderías.

Nesta xornada, que terá unha duración de pouco máis dunha hora, tratarase como afectou e está a afectar ao sector en Galicia esta profunda crise internacional. Abordaranse posibles solucións que permitan mitigar esta situación e vías para que os produtores poidan saír reforzados. Para iso, Proteinleg aposta polo cultivo sostible, innovador e de proximidade de variedades tradicionais de leguminosas ricas en proteínas coas que elaborar pensos que satisfagan as necesidades nutricionais dos animais.

Na mesa redonda participarán Almacenes Gamallo, o Centro Tecnolóxico da Carne, a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e as asociacións Agaca e Asoporcel. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición gratuíta aquí, para que lle faciliten un link de acceso á sesión.

Detallamos, a continuación, o programa da xornada:

10:00 – 10:05 horas. Benvida. Anxo Sanabria. Feuga

10:05 – 10:20 horas. Presentación do Grupo Operativo Proteinleg. Ángel Sanabria. Feuga.

10:20 – 11:00 horas. Mesa redonda. Como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega?
Erica Pazos. Almacenes Gamallo.
Lucio García. Centro Tecnolóxico da Carne.
Higinio Mougán. Agaca.
Iván Rodríguez. Asoporcel.

11:00 – 11:10 horas. Preguntas.

11:10 horas. Fin da sesión

 
Cartel charla guerra Ucrania ganadería gallega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información