Xornada de valorización de frondosas autóctonas en Lugo

A actividade da AGACAL ten previsto desenvolverse ente as 9.45 e as 14.00 horas e, en sesión de tarde, entre as 16.00 e as 19.45 horas o sábado 6 de novembro

Publicidade
Xornada de valorización de frondosas autóctonas en Lugo
Data inicio: 06/11/2021
Data fin: 06/11/2021
Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría - USC, Rúa Benigno Ledo, Lugo, España

A  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza o sábado 6 de novembro, na Escola Politécnica de Lugo, un curso sobre a valorización de frondosas autóctonas de Galicia. Organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, ten previsto desenvolverse ente as 9.45 e as 14.00 horas e, en sesión de tarde, entre as 16.00 e as 19.45 horas.

O obxectivo é aportar claves sobre a silvicultura de frondosas no norte de España e, posteriormente, executaranse dous faladoiros sobre madeira e monte con actores protagonistas do sector. Na sesión do serán, faranse cadansúa visita a Xaneco Obradoiro e Maderbar S.L.

Cabe apuntar que a acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente a sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con espectativas de incorporación. En especial a mozas e mozos do medio rural galego.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico xbruna@xunta.gal ou a manuel.marey@usc.es. Os que precisen consultar calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 82 86 22. Velaquí, o programa completo da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información