Volve a Universidade de verán da USC con máis formación para o sector agrogandeiro

O proceso de inscrición xa está aberto logo de que a pandemia suspendera a edición de 2020

Volve a Universidade de verán da USC con máis formación para o sector agrogandeiro

A Universidade de Verán da USC abriu o seu prazo de inscrición o pasado luns 10 de maio logo da súa suspensión en 2020, por primeira vez en máis de 30 anos, por mor da COVID-19. A oferta desta edición inclúe 31 cursos, seminarios e encontros nos Campus de Santiago e Lugo, así como nos concellos de Allariz, Guitiriz, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Taramundi e Triacastela, con duracións que van dos dous aos cinco días entre os meses de xuño a setembro e que contan con recoñecemento en créditos ECTS.

Reflexións sobre o cambio climático, o desenvolvemento sostible, o patrimonio natural, a identidade xenética e sociocultural, a igualdade, a discapacidade, as enerxías renovables ou a economía circular serán algunhas das cuestións abordadas na Universidade de Verán 2021.

Asemade, prestarase atención á presentación de técnicas aplicadas en medicina, enfermaría, cartografía, análise de datos e enxeñarías; ou achegas ao mundo da Química, dos servizos sanitarios, das Matemáticas, dos dereitos do consumidor ou da interpretación dos deseños infantís, nutren tamén a oferta de cursos que de desenvolverán nos vindeiros meses.

Velaquí as condicións de matrícula e unha escolma dos cursos máis salientables para o sector agrogandeiro:

Os impactos do cambio climático nos ecosistemas terrestres e oceánicos: oportunidades e opcións no contexto da Axenda 2030

Datas: 14 a 16 de xuño

Lugar de celebración: Salón de Actos da Facultade de Filosofía

Dirección: Roberto Javier López López

Secretaría: Rosa Quintas Losada

Nº de horas lectivas: 25

Límite prazas: 50

Os obxectivos deste curso son entender os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 13, 14 e 15 centrando a atención nos impactos do cambio climático nas dimensións económica, social e medioambiental da Axenda 2030 e avaliar o potencial dos ecosistemas terrestres e oceánicos para limitar ou amortecer os devanditos impactos.

Enlace ao programa do curso

 

Unha aproximación ambiental aos obxectivos de desenvolvemento sostible no marco da economía circular

Datas: 14 a 16 de xullo

Lugar de celebración: Aula Magna da Facultade de Bioloxía

Dirección: María Teresa Barral Silva e María Ángeles Pereira Sánchez

Secretaría: Sonia Suárez Martínez

Nº de horas lectivas: 25

Límite prazas: 60

O obxectivo principal deste curso é achegarse aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) relacionados co medio ambiente, analizando a integración dos coñecementos científico-técnicos cos conceptos e ferramentas do novo paradigma da economía circular (EC). Trátase de analizar de que xeito os coñecementos e técnicas ambientais, económicas e sociais conflúen coa proposta transversal da EC, para camiñar cara os ODS.

Ligazón ao programa do curso

 

Oportunidades ambientais da economía circular aplicada ao sector agroalimentario

Datas: 19 a 23 de xullo

Lugar de celebración: Aula A1 da Escola Superior Técnica de Enxeñaría

Dirección: Sara González García e Ángeles Val del Rio

Secretaría: Rosa María Arcos Añón

Nº de horas lectivas: 25

Límite prazas: 45

Este curso ten como obxectivos: explorar as oportunidades ambientais na contorna do sector agroalimentario, dar a coñecer as estratexias potenciais aplicables ás cadeas de produción alimentarias que axuden a reducir a produción de residuos e ao mellor aproveitamento das materias primas nunha contorna de desenvolvemento respectuoso co clima, a integración de biorrefinerías no sector agroalimentario, revalorizando os residuos orgánicos en novos bio-produtos con valor engadido e  adquirir coñecemento sobre estratexias para a cuantificación de cargas ambientais no ámbito da economía circular enfocado ao sector agroalimentario.

Ligazón ao programa do curso

 

Onde atopar traballo nas enxeñarías?

Datas: 13 a 16 de xullo

Lugar de celebración: Salón de Actos José Rodríguez Mourelo. Facultade de Ciencias

Dirección: Francisco Fraga López e Jorge Rivera Gómez

Secretaría: José Blanco Méndez

Nº de horas lectivas: 25

Límite prazas: 200

Son obxectivos deste curso coñecer os aspectos máis novidosos dos nichos de traballo en peritaxes e proxectos, fundamentalmente proxectos en actividades en naves industriais, locais de concorrencia publica e en explotacións agrogandeiras.

Ligazón ao programa do curso

 

O patrimonio natural e a biodiversidade nas reservas de biosfera II.

Datas: 6 a 9 de setembro

Lugar de celebración: Aula Luciano Sánchez do IBADER

Dirección: Pablo Ramil Rego

Secretaría: Luis Gómez-Orellana Rodríguez

Nº de horas lectivas: 29

Límite prazas: 40

O obxectivo principal do curso é coñecer os aspectos de maior relevancia en canto aos valores naturais e a biodiversidade que albergan as Reservas da Biosfera, abranguendo os aspectos sociais, que son unha parte inseparábel na xestión destes particulares espazos, onde as persoas e a súa interacción co medio son o principal valor para sustentar os valores ambientais.

Ligazón ao programa do curso

 

Paisaxes resilientes

Datas: 1 e 2 de xullo

Lugar de celebración: Fogar dos Maiores de Allariz

Dirección: Mª José Piñeira Mantiñán e Silvia Blanco Agüeira

Nº de horas lectivas: 16

Límite prazas: 30

Estas xornadas abordan a didáctica da paisaxe, explorando metodoloxías que permitan desvelar a complexidade das paisaxes galegas entendidas como proceso, fenómeno de percepción e expresión cultural. O tema de estudo diríxese ás paisaxes resilientes, capaces de acoller novamente actividades produtivas especializadas, innovadoras, que ademais permitan fixar a poboación no territorio rural e reforzar o sentimento de apego e identidade do lugar.

Ligazón ao programa do curso

 

Xeodiversidade e paisaxe

Datas: 7 a 9 de xullo

Lugar de celebración: Casa Habanera de Guitiriz

Dirección: Roxelio Pérez Moreira

Secretaría: María Julia Melgar Riol

Nº de horas lectivas: 24

Límite prazas: 40

Os obxectivos deste curso son observar pluridisciplinarmente as moi diversas relacións entre Xeodiversidade e Paisaxe, con relatorios referidos á xeoloxía, xeoturismo, termalismo, cultura da pedra, así como á percepción artística, ao medio ambiente e á didáctica xeolóxica.

Ligazón ao programa do curso

 

 A Ribeira Sacra: paisaxe, patrimonio, gastronomía e terra de viños (ribeiras do miño)

Datas: 19 a 23 de xullo

Lugar de celebración: Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte

Dirección: Ignacio Javier Díaz-Maroto Hidalgo

Nº de horas lectivas: 36

Límite prazas: 40

A Ribeira Sacra, é un territorio cun patrimonio que abrolla por todas partes, con fondas tradicións e insólitas paisaxes. O obxectivo xeral é seguir descubrindo o seu patrimonio, a súa etnografía, as súas paisaxes e, por suposto, a gastronomía e seus afamados caldos, cunha referencia particular ás Ribeiras do Miño. Todo isto, acrecentado pola candidatura oficial da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Ligazón ao programa do curso

 

O asesoramento rural: presente e futuro

Datas: 21 e 22 de xullo

Lugar de celebración: Casa da Cultura de Taramundi

Dirección: Martín Barrasa Rioja e Koldo Osoro Otaduy

Nº de horas lectivas: 16

Límite prazas: 60

O obxectivo deste curso é analizar o estado actual do asesoramento no ámbito rural e expor os principais retos aos que se enfronta nun futuro próximo segundo as novas políticas agrarias Comunitarias.

Ligazón ao programa do curso

 

Paisaxes con enerxía

Datas: 1 a 4 de setembro

Lugar de celebración: CEIP Eduardo Cela Vila, Triacastela

Dirección: Rubén Camilo Lois González e Marta Somoza Medina

Nº de horas lectivas: 26

Límite prazas: 24

Este curso téorico-práctico, pretende reflexionar sobre estratexias de xestión e intervención na paisaxe que introduzan a produción de enerxías renovables no territorio. O curso introduce, ademais, medidas encamiñadas a minimizar os impactos paisaxísticos, sociais e económicos que estas centrais xeradoras de electricidade poden xerar no lugar.

Ligazón ao programa do curso

 

IMPORTE DA MATRÍCULA

Taxa xeral:

120 € para os cursos de 25 ou máis horas

70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:

70 € para os cursos de 25 ou máis horas

40 € para os cursos de menos de 25 horas

 

Para máis información, podes acceder á web da USC premendo aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información