A USC abre o prazo de matrícula para inscribirse no Máster en Produción de Leite que imparte no Campus de Lugo. A Escola Politécnica, a Facultade de Veterinaria e a Granxa Docente Gaioso Castro serán as sedes principais onde se desenvolverá a formación, en formato presencial, que se completa con prácticas en empresas.
Os alumnos e alumnas matriculadas terán a posibilidade de realización de 312 horas de prácticas en empresas do sector: LIGAL, Cooperativas, empresas de servizos veterinarios, etc.
As clases serán de setembro a xuño e as prácticas rematarán, a máis tardar, o 30 de decembro do ano que vén. Haberá ademais que presentar un traballo fin de Máster con tres convocatorias: xullo, novembro e febreiro.
As clases comezarán o vindeiro mes de setembro e rematarán en xuño e as prácticas estenderanse ao mes de decembro
A maiores do Máster, a USC oferta tamén a posibilidade de cursar dous módulos formativos independentes, sen necesidade de facer o Máster completo, como cursos de formación continua: un con formación específica de Alimentación na Produción de Leite e outro de Economía das explotacións lácteas. Hai disponibles tres prazas en cada un destes cursos.
A inscrición no Máster en Produción de Leite e nos distintos Cursos Específicos pode facerse neste enlace.