Gandeiros de toda España visitarán esta semana Galicia para coñecer de primeira man a experiencia de catro ganderías galegas que están a aplicar cruzamentos nos seus rabaños de alta produción.
En concreto, trátase de Villameitide SL, ubicada en Trabada; SAT A Campa, en Curtis; Gallardo SC, en Guntín, e Condado SC, en Castro de Rei. As catro levan anos cruzando o seu gando con moi bos resultados, pois lograron unha mellora xeral da saúde dos animais e dos índices reprodutivos e un incremento da porcentaxe de sólidos no leite mantendo a produción por vaca.
Procross é un sistema de cruzamento que aproveita o efecto positivo do vigor híbrido
Procross é un sistema de cruzamentos con tres razas (holstein, montbeliarde e viking red) que aproveita o efecto positivo do vigor híbrido para contrarrestar os efectos negativos da consanguinidade, logrando animais máis sans e resistentes.
Este método está implantado en granxas de EEUU, México e numerosos países europeos, como Holanda, Suecia, Inglaterra, Dinamarca, Francia, Italia ou Portugal. En Galicia as primeiras ganderías en sumarse fixérono no 2015 e na actualidade medio cento de explotacións están a seguir este método rotacional de inseminación.
Horario e ubicación das granxas a visitar
Calquera persoa que o desexe pode achegarse este xoves e venres a coñecer in situ as vantaxes deste sistema de cruzamentos nas granxas que o aplican e a falar cos gandeiros para coñecer de primeira man a súa experiencia. O horario das visitas e a ubicación das granxas é a seguinte:
XOVES 22 DE XUÑO:
10:00 VILLAMEITIDE SL (Trabada)
Ubicación: https://goo.gl/maps/AA9aBitrwab3yAKH8
14:00 SAT A CAMPA (Curtis)
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/LGfLqU2GXszGdV6d9?g_st=iw
17:00 GALLARDO SC (Guntín)
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/2ebLGA3arKwqKjqs5?g_st=iw
VENRES 23:
9:30 Hotel Torre de Núñez (Lugo)
As vantaxes do sistema Procross de cruzamentos
10:30 CONDADO SC (Castro de Rei)
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/FFZLmXnSJVUWACoY8?g_st=iw