Once viños de Monterrei, galardoados con distincións Gallaecia 2022

Nesta edición medio cento de sumilleres cataron un total de 638 referencias de viños e augardentes de todas as denominacións de orixe galegas

Publicidade

domonterrei

A Asociación de Sumilleres Gallaecia dá a coñecer as Distincións Gallaecia 2022. Os viños distinguidos neste concurso son resultado dunhadobre cata, a primeira nos Consellos Reguladores das D.O. e a segunda con viños de mercado para coñecer o viño que chega ao consumidor final. Todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos (ficha cata O.I.V.).

Nesta 20 edición, máis de 50 catadores cataron 638 referencias (incluíndo 50 mostras IXP Augardentes e licores tradicionais de Galicia). O concurso consolídase como un dos mellores concursos de viño, non só en Galicia, se non no territorio nacional.

11 viños de Monterrei premiados

Un total de 11 viños da Denominación de Orixe Monterrei, seis brancos e cinco tintos, foron premiados pola Asociación de Sumilleres de Galicia coas súas distincións Gallaecia 2022. No certame participaran 53 viños de Monterrei.

A presidenta da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, quixo felicitar ás adegas que conseguiron estes recoñecementos, o que demostra, considera, “o gran labor que están a realizar ao longo dos últimos anos”.

Os viños galardoados son os seguintes:

distincións Gallaecia 2022 Monterrei

15 distincións Gallaecia para os viños da D.O. Ribeira Sacra

Dos viños catados 110 pertencían á D.O. Ribeira Sacra e obteñen Distincións Gallaecia 4 brancos, 1 rosado e 10 tintos.

Os Distinguidos Gallaecia en brancos son:

  • Almalarga 2020 de Alma das Donas S.L.
  • Almalarga barrica 2019 de Ama das Donas S.L.
  • Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago S.L.
  • Sollío 2021 de Álvarez Rodríguez, Juan Alberto

En rosados recibe Distinción Gallaecia:

  • Abadía da Cova rosado 2021 de Adegas Moure S.A.

Os distinguidos Gallaecia en tintos son:

  • Adobe 2021 de Rectoral de Gundivós S.L.
  • Alma3once Barrica 2019 de Alma das Donas S.L.
  • Carcava 2019 de Don Bernardino S.L.
  • Cruceiro Rexio 2018 de Marcos Fernández, Ramón
  • Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L.
  • Ibio 2019 de Don Bernardino S.L.
  • Melanio 2017 de Don Bernardino S.L.
  • Origen 2019 de Regina Viarum S.L.
  • Porto De Lobos 2017 de Adega Ponte Da Boga S.L.
  • Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas De Rectoral De Amandi S.A.U.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información