Masterclass da D.O. Monterrei en Madrid

Publicidade
Masterclass da D.O. Monterrei en Madrid

Masterclass da D.O. Monterrei en Madrid.

O Consello Regulador da D.O. Monterrei organizou en Madrid unha Masterclass destinada a directores de compras, sumilleres de restauración e hostalería, e prensa especializada.

Esta actividade dividiuse nunha sesión formativa sobre o territorio (características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de produto, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas realizadas no restaurante “Qú by Mario Sandoval” (en JW Marriott Hotel).

Á devandita iniciativa asistiron David Medina (xefe nacional de compras de viño de Carrefour España), Susana Blanco (xefa nacional de vendas de viño de Carrefour España), Ana Serrano (sumiller de Bodeboca), Santi Rivas (Colectivo Decantado), Pepe Formoso (presidente das Colectivo Empresas Turismo Costa da Morte), Custodio L. Zamarra (sumiller formador de formadores), Jorge Llovet, Patricia Ezquerra e Arancha Padilla (propietario, directora de expansión e directora financeira de Distrito Ramsés, respectivamente); Raquel Factor (responsable dos cursos de sumiller da Escola de Hostalería Cámara Comercio de Madrid), José María Ruiz (sumiller de grupo El Pradal), Jesús Vila e Luís Alberto Gonzalez (sumilleres do grupo Prodesco), Jorge Thuillier (sumiller do grupo Ricardo Sanz), Lucas Richard (sumiller Hotel Four Season), Sofía Atienza e Alba Atienza (influencers de Lacrima Terrae), Diana Esteban (sumiller e community manager de Lavinia Madrid), Manuel Villanueva (director xeral de contidos de Mediaset), Paco do Castelo (formador), José Valdearcos (director de A&B en Paradores de Turismo de España), Eliseo González (director de organización de eventos de viños de Real Casino de Madrid), Esteban Franco (sumiller de Restaurante Roostq Madrid), José Antonio Muñoz (director/editor de revista Traveling), Alberto Martos (director/editor de Vivir O Viño) ou Abel Valdenebro (fotógrafo), entre outros.

“Este ano queremos volver apostar por accións destas características, xa que nos permiten un trato directo e exclusivo cos asistentes á mesma, para mostrarlles non só as singularidades do noso territorio vitivinícola, senón tamén o potencial de Monterrei a través da realización de harmonías con diferentes elaboracións gastronómicas”, destaca o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.

As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información