Véndense máquinas para plantar cebolas e de recollida de patacas

A cooperativa hortícola Postoiro, de Vilar de Santos, saca á venda maquinaria usada para a plantación de cebolas e recollida de patacas. Tamén teñen á venda palots de madeira

Publicidade
Véndense máquinas para plantar cebolas e de recollida de patacas

Unha das máquinas que ten á venda a cooperativa.

A cooperativa Postoiro SCG, con base en Vilar de Santos (Ourense), ten á venda varias máquinas para labores de horta. En concreto conta con dúas máquinas de plantación de cebolas con funcionamento por inxección de auga e unha máquina de recollida de pataca, esta con reducidas horas de traballo.

As tres máquinas atópanse no polígono de Vilar de Santos, donde as persoas interesadas poderán velas, no caso de estar interesadas en adquirilas. O prezo de todas estas maquinarias é negociable. Pódese mercar as máquinas de forma individual, non é un lote pechado.

A maiores teñen tamén á venda palots de madeira, cun prezo de 50 euros a unidade. Dispoñen dun elevado número destes e pódense mercar por conxunto ou de forma individual.

Para máis información poden poñerse en contacto coa cooperativa nos teléfonos 699 516 116 / 662 669 223 ou nos correos electrónicos: postoiroscg@gmail.com e tecnicopostoiroscg@gmail.com

Postoiro 6 Postoiro 7 Postoiro 8 Postoiro 9 Postoiro 5 Postoiro 10 Postoiro 11 Postoiro 12 Postoiro 13 Postoiro 2 Postoiro 3 Postoiro 4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información