Unións pide maior control ante o que considera “fraude” no leite en pó

Unións pide maior control ante o que considera “fraude” no leite en pó

Concentración dos gandeiros o pasado ano en Lalín

O sindicato Unións Agrarias esixe a aplicación dun estrito seguimento na trazabilidade da comercialización do leite en po para evitar que a produción que se merca en orixe a baixo prezo, uns 20 céntimos por litro, con destino ás torres de secado, non acabe de novo no mercado como leite líquido co conseguinte fraude sobre os gandeiros e os consumidores.

Esta será unha das reclamacións que poñerá sobre a mesa da reunión de mañá xoves en Madrid da Comisión de seguimento do Acordo Lácteo. Do mesmo xeito, Unións Agrarias-UPA tamén incidirá na necesidade de dotar de transparencia e eficacia ao concepto de Produto Lácteo Sustentable (PLS), “poñendo como paso previo a identificación da orixe do leite e dos produtos lácteos, mediante un procedemento sinxelo”. Para elo, o sindicato propón identificar o leite procedente de vacas españolas, tanto en leite en brick como nos produtos lácteos que leven más dun 50% de leite, mediante un método que utilice o concepto de bandeira de España.

Esixencia a Lactalis para que devolva aos gandeiros o diñeiro que lles adebeda

Previo á reunión no Ministerio e cumprindo co anunciado da semana pasada, Unións Agrarias espera que “Lactalis devolva as rendas dos gandeiros que foron retidas de xeito ilegal desde que botou a andar o acordo entre produtores e distribución de suba de 2 cts/l liquidables a través das facturas das granxas ás industrias”. Tamén se esixe “a rescisión inmediata dos modelos fraudulentos de indexación que usa a marca de capital francés para fixar o prezo nas explotacións e así mesmo se devolva as cantidades retidas por este mecanismo”. Do contrario, a organización agraria anuncia que denunciará o caso perante a AICA.

Finalmente, UUAA lembra que “Lactalis dispón nas súas contas bancarias de máis de 1 millón de euros que lles entregaron Carrefour e Día para trasladados ás granxas e aínda non o fixo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información