Unións Agrarias pide un plan especial para os viños tintos, con problemas de mercado

A organización reclama tamén da Consellería unha reunión sobre a entrada en Galicia da enfermidade da flavescencia dourada, que xa afecta ó sur da comunidade

Publicidade
Unións Agrarias pide un plan especial para os viños tintos, con problemas de mercado

A organización Unións Agrarias (UU.AA) advirte da preocupación entre viticultures galegos, logo dunha vendima marcada polas dificultades para atopar saída á uva producida na Ribeira Sacra. UU.AA apunta que neste momento as adegas desta D.O teñen moito viño acumulado debido á caída de vendas que afecta aos tintos a nivel estatal.

Por iso, a organización ve necesario buscar solucións mediante o deseño e a posta en marcha dun Plan Especial para os tintos galegos pois, se ben a situación é máis evidente na Ribeira Sacra, non é un problema específico desta denominación de orixe. Por iso insisten desde a organización da necesidade e urxencia para buscar solucións que eviten chegar á seguinte campaña cun excedente acumulado “que faga colapsar a próxima vendima”.

Flavescencia dourada
Por outra parte, Unións Agrarias solicita unha xuntanza ao conselleiro do Medio Rural para abordar posibles medidas ante a entrada en Galicia da flavescencia dourada, unha das enfermidades fitoplasmáticas máis importantes e prexudiciais para a vide. A organización sindical avisa que esta doenza está moi estendida nas vides portuguesas e que a afectación de parcelas no sur de Galicia está a xerar preocupación no sector.

UUAA considera necesario abordar a situación con rigor e celeridade e procurar métodos para controlar unha enfermidade que está diante das portas das D.Os galegas, e cuxa propagación podería ter consecuencias nefastas. Nese senso, Unións Agrarias fai un chamamento para que a Xunta de Galicia dea un paso adiante e impulse sen demora un plan de acción que permita implementar as medidas precisas para poñerlle freo ao problema.

Actualización das zonas afectadas pola flavescencia dourada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información