O salón “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte” celebrarase este luns no Círculo das Artes de Lugo

O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destaca que “é unha oportunidade única para afondar nas nosas castes"

Publicidade
O salón “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte” celebrarase este luns no Círculo das Artes de Lugo

O C.R.D.O.R.S. organiza “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte”, un especial salón de viños da D.O. Ribeira Sacra onde coñecer máis polo miúdo a viticultura de altura. Este encontro desenvolverase no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, o luns, 29 de xaneiro, de 12:00 a 21:00h.

Estarán presentes as adegas: Don Bernardino S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U.; Viñas de Belesar S.L.U., Grupo Peago S.L. y Regina Viarum S.L..

A xornada seguirá a seguinte axenda:

– 12:00 h: Presentación do Salón de Viños no Salón Rexio
– 12:15 h: Cata maxistral con Mercedes González, sumiller e Presidenta en
Vitislucus Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo.
– 14:30 h: Comida maridaxe (Previa reserva)
– 17:00 h: Salón de Viños
– 21:00 h: Peche do Salón

O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destaca que, “É unha oportunidade única para afondar nas nosas castes, en elaboracions e crianzas especiais; nas nosas parcelas, chans, climas e todas esas cuestións que fan tan característica a nosa viticultura e os nosos viños”.

Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra está dirixida a hostalería, restauración, distribuidores, outros profesionais do sector e público en xeral. Máis información e reservas en: info@ribeirasacra.org / mercedes.embajadora@gmail.com /whatsapp 689292675

Evento Lugo 29 xaneiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información