Cómo englobar toda a información dos viños nun código QR?

Desde Noudata crearon unha plataforma para crear os códigos QR que se deben incorporar nas etiquetas dos viños e onde se ten que incluír toda a información

Publicidade
Marc Martín, CEO de Noudata, expuxo todo o relativo á aplicación nd Label

Marc Martín, CEO de Noudata, expuxo todo o relativo á aplicación nd Label

A adaptación á nova normativa de etiquetaxe dos viños leva a que nas etiquetas se incorpore un código QR, que recolla certa información de carácter nutricional e dos ingredientes que compoñen o viño. A normativa pode atoparse no regulamento 2021/2117 da Unión Europea e xa está en vigor.

Desde a plataforma Vitivin realizaron unha xornada da man de Marc Martín, CEO de Noudata, unha empresa de servizos informáticos e desarrolladores de software de trazabilidade específicos para adegas. No seu relatorio presentou unha posible solución para as bodegas, que lles permita adaptarse e axustarse á norma.

Desde a entidade crearon a plataforma nd Label que permite deseñar todo o contido que debe aparecer no código QR. A plataforma estará actualizada para cumprir coa normativa e os cambios que vaia incorporando.

Uso da plataforma
Para acceder á aplicación hai que rexistrarse e o primeiro que se visualiza é a lista de produtos que a persoa teña ao seu nome. Cando se entra na ficha dunha das botellas obsérvase un panel dividido en tres partes: “Á esquerda están os distintos apartados para incorporar a información que queremos que apareza no código QR; no medio podémonos mover con scroll para cubrir a información e á dereita temos a vista previa do que o usuario vai ver unha vez que se efectúe a lectura do código QR”, explica o CEO.

Na primeira información é necesario indicar o nome do produto, colocar unha imaxe e informar da categoría do mesmo, así como o nome da compañía vendedora do produto e o país de procedencia. Tamén é necesario incluír o código de barras, o D.O. a cor do produto e o grao alcohólico. Todo o demais é opcional. Pódese informar as variedades do produto e indicar a porcentaxe ou ordenar as variedades en función do que consideren.

Engádese toda a información obrigatoria e de interese, que será a que lea logo o consumidor

Engádese toda a información obrigatoria e de interese, que será a que lea logo o consumidor

Logo está a información nutricional, que é obrigatoria, onde se introducen os diferentes parámetros dos compoñentes e automaticamente o sistema calcula as Kilocalorías. Tamén se pode engadir todo de maneira manual. Referente aos ingredientes, hai unha táboa na que se selecciona cada un deles e unha vez gardado, pódense ordenar en función dos intereses.

Para complementar a información pódense engadir aspectos como premios ou a sustentabilidade. “Isto achega valor engadido ao produto e á empresa”.

Finalmente, créase o código QR e pódese descargar para envialo á imprenta e xerar a etiqueta. A partir de aquí, o cliente xa pode facer a lectura e visualizar toda a información en cada unha das fichas. A información pódese consultar en diferentes idiomas, posto que a propia plataforma a traduce.

Xeración do código QR que se pode descargar en diferentes formatos

Xeración do código QR que se pode descargar en diferentes formatos

“A idea é ir coa normativa dunha forma rápida, áxil e visual. Cremos que a plataforma é bastante útil e atractiva”, subliña Martín. Para poder acceder á plataforma é necesario facer un rexistro para o que hai que pagar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información