Últimas prazas para a xornada formativa sobre a produción de leite en ecolóxico

É un curso en liña con inscrición gratuita que se celebra de 9.30h a 14.30h. Nel abordaranse as oportunidades de negocio deste tipo de produción

Últimas prazas para a xornada formativa sobre a produción de leite en ecolóxico

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o vindeiro xoves,  14 de marzo, unha xornada online dedicada á produción de leite ecolóxico, de 09:30 a 14:30 horas. Os diferentes ponentes abordarán as oportunidade de negocio deste sector así como os requisitos e tendencias actuais de mercado. A asistencia require dunha inscrición gratuita que pode formalizarse a través deste cuestionario. Para máis información pódese chamar ao 981 58 47 83.

As intervencións correrán a cargo de entidades e cooperativas con experiencia na produción, compra e transformación de leite ecolóxico, e ademais contarán cun representante do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) para explicar a cualificación como explotación ecolóxica e tendencias de mercado, e cun consultor que explicará o rol da gandería ecolóxica na conservación ambiental e da biodiversidade.

Esta acción formativa enmárcase nun ciclo de xornadas formativas que suma un total de 12, cada unha delas dedicada a unha oportunidade de negocio. “Os obxectivos do ciclo son explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas”, amplían desde AGACA.

Programa

09:30 – Conexión e benvida a participantes.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

10:00 – Produción de leite ecolóxico: cualificación da explotación e tendencias de mercado.
Javier García. Secretario técnico CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

10:45 – A gandería ecolóxica e a conservación ambiental e da biodiversidade.
José L. González. Consultor independente.

11:15 – Granxa Codesal: unha longa experiencia de premios en produción de leite ecolóxico.
Ángel Rivas. Gandeiro en Exceleite.

11:30 – Breve descanso.

11:45 – O acceso aos pensos ecolóxicos: mercado.
Rafael Pardo de Andrade. Veterinario en Campoastur.

12:15 – A valorización do leite ecolóxico en Cobideza: situación e tendencias.
Román Santalla. Presidente de Cobideza.

12:45 – A Cernada: o salto da produción de leite á comercialización.
Ana Corredoira. Gandeira.

13:15 – Casa Grande de Xanceda: O segredo do éxito en leite ecolóxico.
Guillermo Martínez. Xerencia Casa Grande de Xanceda.

13:45 – O consumo de leite ecolóxico en España.
José Sáez. Director de compras en Lactalis.

14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

14:30 – Fin da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información